Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47044

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, que se completa coa referencia a convenios non incluídos na anterior publicación, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o segundo cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO
Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2017

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento do/da menor acollido/a mediante a formación, orientación, asesoramento e apoio especializado ás familias e/o aos/ás menores

15.5.2017

173.353,44

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Cruz Vermella Española para o desenvolvemento dun programa de recoñecemento e apoio ás avoas e avós coidadoras/es

Establecer o marco da colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Cruz Vermella Española para o desenvolvemento durante nove meses do ano 2017 do Programa de apoio psicosocial a persoas maiores que exercen labores parentais de coidado e crianza dos seus netos e netas a través dunha escola de avós e avoas educadores/as e a súa implantación nas sete grandes cidades de Galicia

29.5.2017

106.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela para a execución da medida xudicial de prestacións en beneficio da comunidade e das reparacións indirectas, en virtude da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, para a execución da medida xudicial de prestacións en beneficio da comunidade imposta polos/as xuíces/xuízas de menores, en virtude do artigo 7.1.k) da LORPM, así como das actividades en beneficio da comunidade exercitadas na reparación do dano acordadas en virtude do artigo 19 da LORPM

6.6.2017

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Apamp, Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral, para a execución da medida xudicial de prestacións en beneficio da comunidade e das reparacións indirectas, en virtude da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Apamp, Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral, para a execución da medida xudicial de prestacións en beneficio da comunidade imposta polos/as xuíces/xuízas de menores, en virtude do artigo 7.1.k) da LORPM, así como das actividades en beneficio da comunidade exercitadas na reparación do dano acordadas en virtude do artigo 19 da LORPM

12.6.2017

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para a colaboración na xestión do Programa do carné familiar galego

Establecer o marco de colaboración para a mellora e desenvolvemento do Programa do carné familiar como recurso que beneficia as familias numerosas

13.6.2017

16.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Andrea para o desenvolvemento dun programa denominado Soporte vital a familias con nenas/os con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos

Dispensar a axuda necesaria para que estas familias poidan facer fronte aos gastos que se produzan polo tratamento médico dos menores con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos

19.6.2017

10.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) para o desenvolvemento dun programa denominado Servizo de atención psicolóxica e logopédica para familias e menores xordos implantados ou con prótese auditiva

Establecer o marco da colaboración no desenvolvemento dun proxecto de atención psicolóxica e logopédica para familias con menores xordos implantados ou con prótese auditiva

21.6.2017

11.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Axuda á Adopción Manaia para a execución do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Manaia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas posto ao dispor da Administración mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento da persoa menor adoptada mediante a orientación, o asesoramento, acompañamento e apoio especializado ás familias adoptantes e/ou ás persoas menores

27.6.2017

44.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais

Establecer o marco de colaboración para o desenvolvemento dun programa que ten como finalidade a prestación de apoio ás familias formadas por un único proxenitor con fillos e fillas menores ao seu cargo

17.8.2017

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para o desenvolvemento do Programa Promociona

Establecer o marco de colaboración para o desenvolvemento do Programa Promociona, destinado ao apoio ás familias con menores en idades escolares para mellorar as condicións do ámbito da educación no propio fogar apoiando aos/ás alumnos/as xitanos/as e ás súas familias co fin de reducir o abandono escolar

17.8.2017

63.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas con esa finalidade

13.6.2017

66.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa educativo-terapéutico Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción social, englobadas nun programa marco denominado Proxecto Home, de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas

20.6.2017

149.365,44

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, a Federación Gallega de Bancos de Alimentos (Fegaban) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o establecemento dunha coordinación na entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores

Establecer un procedemento de actuación que determine a coordinación para a entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores a cargo, previamente propostas polos concellos, e que non sexan beneficiarias de axudas coa mesma finalidade

28.6.2017

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Rede galega contra a pobreza (EAPN Galicia) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento dunha serie de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuacións das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social

29.8.2017

18.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Vermella Española para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema

Establecer o marco de cooperación entre a Consellería de Política Social e a Cruz Vermella Española para o desenvolvemento dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar ou en situación de vulnerabilidade extrema, no que teñen cabida distintas formas de intervención destinadas a minimizar os danos asociados á situación persoal deste colectivo, así como a reducir as situacións de exclusión social, coa integración na sociedade e a procura dun xeito de vida normalizada

4.7.2017

165.000,00

Acordo polo cal se prorroga o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e o Concello de Quiroga para os investimentos de ampliación e adaptación do servizo municipal de servizos sociais, destinados a prestación de servizos de atención diúrna

Prorrogar o prazo de execución ata o 31 de maio de 2017 para a ampliación, mellora, acondicionamento, reforma e, se é o caso, equipamento dun edificio municipal de servizos sociais, destinado á habilitación dun centro que preste servizos de atención diúrna no Concello de Quiroga

31.3.2017

Sen incremento económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Federación Aspace Galicia), para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral e do mantemento da entidade

Contribuír ao mantemento da Federación Aspace Galicia e das súas entidades asociadas, así como a prestación de servizos de información e asesoramento, de comunicación e sensibilización, de emprego e formación e de fortalecemento do movemento asociativo.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

5.5.2017

85.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Parapléjicos y Grandes Discapacitados de Galicia (Aspaym), para o financiamento do Programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia e o mantemento da entidade

Contribuír ao financiamento das seguintes actividades:

– Servizo de información, orientación e asesoramento.

– Servizo de transporte adaptado non cuberto por outros servizos.

– Servizo de apoio psicosocial ao novo lesionado medular.

– Titorías ao novo lesionado medular.

– Charlas de prevención da discapacidade e simulacións de rol en centros educativos.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

5.5.2017

42.992,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia), para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias en Galicia e para o mantemento da federación e das entidades federadas

Contribuír ao mantemento da federación e das entidades federadas e das seguintes actuacións:

– A representación institucional para a súa participación e visualización na sociedade.

– O desenvolvemento de publicacións divulgativas e formativas.

– A realización de eventos para a sensibilización, coñecemento, fomento de cohesión social.

– O programa de inclusión social destinado ás persoas con trastornos do espectro autista.

– O programa de atención socio-familiar.

– O programa de ocio, tempo libre e campamentos.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias

5.5.2017

155.044,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento do Programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades

Contribuír ao mantemento de Cogami e das súas entidades asociadas e as seguintes actividades:

– Servizo de Información, Asesoramento e Orientación (SIAO) ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

– Servizo de intervención social das persoas con discapacidade e das súas familias.

– Programa de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia.

– Formación e intermediación laboral das persoas con discapacidade.

– Sensibilización e concienciación.

– Voluntariado.

– Actividades de lecer.

– Respiro familiar.

– Servizo de información e asesoramento en accesibilidade.

– Servizo de apoio ao movemento asociativo.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade xestante e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

5.5.2017

946.012,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia), para o financiamento de programas destinados ás persoas con discapacidade intelectual, coa síndrome de down, en situación de dependencia e ás súas familias e do mantemento da federación

Contribuír ao mantemento de Down Galicia e as seguintes actividades do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (Sepap) organizado nas seguintes áreas de atención:

– Área de atención temperá.

– Área de inclusión educativa.

– Área de formación e emprego.

– Área vida adulta e independente.

– Área transversal.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

5.5.2017

446.838,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias, e do mantemento de Fademga plena inclusión Galicia

Contribuír ao mantemento da federación e a realización das actividades:

– Programa de atención a asociacións: apoio, fortalecemento e promoción do movemento asociativo.

– Programa de apoio familiar.

– Xestión do programa de atención integral ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para a autonomía persoal e a cidadanía activa.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

5.5.2017

198.571,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de Alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación

Contribuír ao mantemento da entidade e as actividades xerais de coordinación coas asociacións de familiares de enfermos de Alzhéimer de Fagal e desenvolvemento do plan de comunicación 2017.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

5.5.2017

85.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), para o financiamento do programa de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da federación

Contribuír ao mantemento de Faxpg e as seguintes actividades:

– Servizo de Atención a Persoas Xordas, Xordocegas e con Discapacidade Auditiva (SAPS).

– Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos Española e Guías- Intérpretes (SILSE-GI).

– Servizo Integral para Persoas Xordas, Xordocegas e Persoas con Discapacidade Auditiva (SIPS).

– Mantemento da estrutura asociativa da Faxpg e servizos de apoio.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

5.5.2017

723.644,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes), para o financiamento dos seus programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da entidade

Contribuír ao mantemento da entidade e á realización das actividades:

– Información, orientación e atención socio-familiar.

– Asesoramento e apoio xurídico especializado sobre os aspectos legais relacionados coas enfermidades mentais e os seus familiares.

– Fomento da autonomía persoal das persoas con discapacidade por mor dunha enfermidade mental e de atención a domicilio e transporte no medio rural.

– Mantemento, coordinación do movemento asociativo, representación e interlocución institucional e servizo de comunicación externa da federación.

– Plan anual de formación para profesionais, coidadores non profesionais e profesionais dos servizos sociais.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

5.5.2017

588.434,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), para o financiamento dos programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inclusión social de persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas

Contribuír ao mantemento de Fegadace e das súas entidades federadas e os seguintes programas:

– Programa de promoción da autonomía persoal e de recuperación funcional das persoas afectadas de dano cerebral adquirido en situación de dependencia e ás súas familias a través de atención ambulatoria nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo e que implica o desenvolvemento de actividades nas áreas terapéutica, ocupacional e social.

– Programa de información e asesoramento a familias no ámbito da comunidade autónoma de Galicia dando especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

5.5.2017

211.511,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e do mantemento da federación

Contribuír ao mantemento de Fegerec e as seguintes actividades:

– Atención social integral ao colectivo de persoas que representa.

– Informar dos servizos da federación, así como fomentar a relación de axuda.

– Promover e potenciar as axudas e apoios para promoción da autonomía persoal destes colectivos de enfermos crónicos.

– Informar, asesorar e/ou tramitar documentación ás persoas afectadas e ás súas familias sobre recursos, dereitos e outros beneficios de carácter socioeconómico, laboral e sanitario, ao que lle dá acceso a súa situación de enfermidade.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade ou cunha enfermidade rara embarazada, e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

5.5.2017

22.200,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias

Contribuír ao financiamento dun servizo que integra o conxunto de actuacións que se referencian na carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

O servizo desenvólvese nas unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar de AGAT, que están localizadas nas comarcas do Deza, do Salnés e de Bergantiños, e inclúe apoio técnico e psicosocial ás familias das e dos menores usuarios.

No deseño e desenvolvemento do servizo e das actividades obxecto do convenio incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución

16.5.2017

300.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Padres, Profesionales y Amigos de las Personas con Discapacidad Intelectual (Special Olympics Galicia), para o mantemento e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades deportivas adaptadas, ocio, formativas e de promoción do voluntariado durante o ano 2017

Contribuír ao mantemento da entidade e á realización das seguintes actividades:

– Actividades deportivas:

Xogos autonómicos para persoas con discapacidade intelectual.

Xogos autonómicos de deportes minoritarios.

Xogos autonómicos de fútbol sala.

Xogos autonómicos de campo a través.

Xogos autonómicos de natación.

Xogos autonómicos de atletismo.

Xogos autonómicos de baloncesto.

– Actividades de ocio e familias:

Campamentos ou programa de vacacións.

Concurso de tarxetas de Nadal.

Actos de recoñecemento á labor solidaria.

– Actividades de formación e culturais:

Foros ou xornadas de voluntariado, técnicos, persoas con discapacidade intelectual.

Grupos de artes escénicas.

– Actividades orientadas á familia

23.5.2017

189.946,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia (Fetega) para o financiamento de actividades no ano 2017

Contribuír ao financiamento dos programas de formación, benestar e envellecemento activo, así como un programa cultural e social

26.6.2017

30.800,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Organizacións de Maiores (Cogama) para financiar a realización de actividades no ano 2017

Contribuír ao financiamento das actividades artísticas e culturais, socio-comunitarias de convivencia e de animación á lectura dirixidas aos maiores durante o ano 2017

28.6.2017

22.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem) para financiar a realización de actividades no ano 2017

Contribuír ao financiamento das actividades deportivas, de mantemento e mellora da axilidade mental, así como charlas sobre a protección xurídica dirixidas aos maiores durante o ano 2017

28.6.2017

19.800,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela e protección de persoas con discapacidade intelectual durante o ano 2017

Contribuír ao financiamento das actuacións de tutela, curatela, garda e protección das persoas con discapacidade intelectual encomendadas á entidade segundo o dereito vixente, cumprindo coas obrigacións inherentes ao cargo.

Así mesmo, informar e asesorar ás familias das persoas con discapacidade intelectual, titores, curadores, persoas relacionadas coa garda de persoas e bens das ditas persoas con discapacidade intelectual, así como a entidades de todo tipo que teñan fins similares.

Darase especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias, en cumprimento da Lei 5/2010, do 23 de xuño, polo cal se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada

3.7.2017

55.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o financiamento das Aulas da terceira idade no ano 2017

Contribuír ao financiamento das Aulas da terceira idade, que comprende:

– Programa de envellecemento activo con clases presenciais (50 horas semanais) e 18 seminarios en nove sedes de Galicia (A Coruña, Ferrol, Padrón, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba e Monterroso) nas áreas cultural, ocupacional, da saúde e de ocio.

– Proxecto Active post-working life, impartindo conferencia-talleres centradas no empoderamento do maior.

– Participación no proxecto Simpático

6.7.2017

78.120,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi de Galicia) para o mantemento da entidade

Contribuír ao mantemento de Cermi de Galicia, co fin de prestar servizos ás organizacións e entidades dedicadas á atención das persoas con discapacidade de defensa dos dereitos das persoas con discapacidade

13.7.2017

13.200,00

Acordo de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a realización de actuacións de reforzo na tramitación do procedemento para o recoñecemento do grao de discapacidade

Establecer os termos de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para o establecemento de medidas de axilización do procedemento de recoñecemento do grao de discapacidade a través de persoal cualificado do Servizo Galego de Saúde

12.7.2017

360.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Profesor Novoa Santos, para o financiamento do Programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

Contribuír ao financiamento das actividades de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia para a mobilidade, ocio e deporte e a edición dun boletín de educación sociosanitaria

20.7.2017

23.650,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Meaño, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal

Contribuír ao financiamento das actuacións que o Concello de Meaño ten previsto desenvolver durante o ano 2017, de cara á realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello

17.8.2017

20.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de apoio a persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermos de Alzhéimer e outras demencias residentes en Galicia

Contribuír ao financiamento das actividades que levan consigo o servizo orientado á formación e apoio das persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermas de Alzhéimer e outras demencias que Fagal ten previsto desenvolver, entre outras, durante o ano 2017 e que a continuación se detallan:

– Cursos de formación para coidadores non profesionais de persoas con dependencia enfermas de Alzhéimer e outras demencias.

– Talleres de aplicación dos coidados no domicilio.

– Creación e dinamización de grupos de autoapoio de persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermas de Alzhéimer e outras demencias.

– Creación de servizos de apoio, sensibilización e formación no área rural de Galicia.

– Desenvolvemento de materiais de formación

31.8.2017

18.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello da Laracha para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello da Laracha para a organización do campo de traballo Sendeiros da Laracha de temática ambiental, que se desenvolverá desde o 1 ata o 15 do mes de agosto, no concello da Laracha

9.6.2017

9.900,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Betanzos para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Betanzos para a organización do campo de traballo Parque do Pasatempo de restauración, que se desenvolverá desde o 10 ata o 21 do mes de xullo, no concello de Betanzos

9.6.2017

10.744,80

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Boqueixón para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Boqueixón para a organización do campo de traballo O Pico Sacro de temática ambiental, que se desenvolverá desde o 17 ata o 28 do mes de xullo, no concello de Boqueixón

9.6.2017

10.587,50

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Coirós para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Coirós para a organización do campo de traballo Monte da Espenuca de temática ambiental, que se desenvolverá desde o 1 ata o 12 do mes de agosto, no concello de Coirós

9.6.2017

10.806,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Curtis para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Curtis para a organización do campo de traballo Estudo e biodiversidade dos rios de temática ambiental, que se desenvolverá desde o 10 ata o 21 do mes de xullo, no concello de Curtis

9.6.2017

10.337,80

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Eduardo Pondal para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Eduardo Pondal para a organización do campo de traballo Alí, Xaz de temática temática ambiental, etnográfica, cultural, patrimonial e festival, que se desenvolverá desde o 14 ata o 24 do mes de agosto, no concello de Ponteceso

9.6.2017

10.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Outes para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Outes para a organización do campo de traballo Horta do Muíño de temática ambiental e social, que se desenvolverá desde o 17 ata o 28 do mes de xullo, no concello de Outes

9.6.2017

9.790,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Ribeira para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Ribeira para a organización do campo de traballo Illa de Sálvora de temática ambiental, que se desenvolverá desde o 10 ata o 21 do mes de xullo, no concello de Ribeira

9.6.2017

8.900,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Rois para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Rois para a organización do campo de traballo Castro de Socastro de temática arqueolóxica e social, que se desenvolverá desde o 1 ata o 12 do mes de agosto, no concello de Rois

9.6.2017

10.880,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Vedra para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Vedra para a organización do campo de traballo Vedra no Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro de temática arqueolóxica e social, que se desenvolverá desde o 5 ata o 16 do mes de xullo, no concello de Vedra

9.6.2017

10.829,50

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a organización do campo de traballo Un rural de cine de temática audiovisual e social, que se desenvolverá desde o 1 ata o 12 do mes de agosto, no concello de Cerdedo-Cotobade

13.6.2017

8.890,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Vilanova de Arousa para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Vilanova de Arousa para a organización do campo de traballo Natureza e patrimonio xunto ao mar de temática ambiental e mariña, que se desenvolverá desde o 2 ata o 13 do mes de xullo, no concello de Vilanova de Arousa

13.6.2017

5.650,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e o desenvolvemento dun encontro informático

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e desenvolvemento no ano 2017 dun encontro informático que ten como obxectivo principal ser un punto de encontro e referencia para a xuventude no eido das novas tecnoloxías, combinando actividades educativas, lúdicas e culturais

13.6.2017

50.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Folgoso do Courel para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Folgoso do Courel para a organización do campo de traballo O Courel de temática ambiental e arqueolóxica, que se desenvolverá desde o 14 ata o 26 do mes de xullo, no concello de Folgoso do Courel

23.6.2017

10.890,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Pantón para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Pantón para a organización do campo de traballo Rota do Románico de temática cultural, que se desenvolverá desde o 1 ata o 15 do mes de agosto, no concello de Pantón

23.6.2017

9.790,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Quiroga para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Quiroga para a organización do campo de traballo Xeocampo de temática ambiental e de dinamización, que se desenvolverá desde o 1 ata o 12 do mes de xullo, no concello de Quiroga

23.6.2017

9.790,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Xermade para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Xermade para a organización do campo de traballo Casa da Neveira de temática arqueolóxica, que se desenvolverá desde o 4 ata o 15 do mes de xullo, no concello de Xermade

23.6.2017

10.864,23

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Celanova para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Celanova para a organización do campo de traballo Audiovisual Galego de temática audiovisual, que se desenvolverá desde o 16 ata o 30 do mes de xullo, no concello de Celanova

27.6.2017

10.808,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Esgos para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Esgos para a organización do campo de traballo Vilar de Ordelles de temática ambiental e etnográfica, que se desenvolverá desde o 2 ata o 13 do mes de agosto, no concello de Esgos

27.6.2017

9.790,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Ourense para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Ourense para a organización do campo de traballo Un rural para tod@s de temática ambiental e social, que se desenvolverá desde o 1 ata o 11 do mes de agosto, no concello de Ourense

27.6.2017

8.400,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Riós para a realización dun campo de traballo dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Riós para a organización do campo de traballo Conservación dos Soutos de temática ambiental, que se desenvolverá desde o 11 ata o 21 do mes de xullo, no concello de Riós

27.6.2017

9.000,00