Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47059

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2017 pola que se convoca o curso monográfico Novidades en materia de Administración electrónica introducidas polas leis 39/2015 e 40/2015.

Conforme os fins que lle asigna á Escola Galega de Administración Pública a normativa que a regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo),

RESOLVO:

Convocar o curso monográfico Novidades en materia de Administración electrónica introducidas polas leis 39/2015 e 40/2015, de acordo coas bases que se indican a continuación:

1. Obxectivos.

O obxectivo principal desta acción formativa é analizar os aspectos máis salientables da lexislación de 2015 en materia de Administración electrónica, con especial atención aos seguintes puntos:

• As notificacións electrónicas nas leis 39/2015 e 40/2015.

• A sede electrónica como instrumento para o exercicio das competencias administrativas e de relación cos cidadáns, así como a regulación dos rexistros electrónicos.

• Sistemas de identificación e de sinatura electrónica.

• Aspectos relacionados coa tramitación do procedemento administrativo, en particular, a regulación do documento electrónico, copias electrónicas, arquivo electrónico de documentos e expediente electrónico.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– A reforma da Administración electrónica. Unha panorámica xeral, con especial referencia ás notificacións electrónicas.

– A sede e os rexistros electrónicos como ferramentas imprescindibles da Administración electrónica.

– A identificación e a autenticación por medios electrónicos.

– A tramitación do procedemento administrativo por medios electrónicos.

3. Persoas destinatarias.

Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, ao servizo das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica, como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais, e persoas interesadas en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

Data: xoves, 19 de outubro de 2017.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 8 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.gal/matricula/

O prazo para inscribirse estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 10 de outubro de 2017.

Excepto as persoas que pertenzan á Administración autonómica ou á Administración de xustiza, todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo a novas.egap@xunta.gal, achegando, se é o caso, a certificación acreditativa da súa condición de persoal empregado público e do grupo e/ou categoría a que pertencen. Esta certificación será expedida pola persoa que realice as tarefas de certificación da Administración en que preste os seus servizos. Serán excluídas aquelas solicitudes de persoal empregado público que non presenten dita certificación ou que sexa recibida con posterioridade ao último día habilitado para a inscrición, isto é, 10 de outubro de 2017.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41-981 54 62 39.

7. Criterios de admisión.

Terá preferencia na selección o persoal empregado público das administracións públicas de Galicia establecéndose o número de orde de acordo coa data e hora de presentación das solicitudes.

8. Publicación da listaxe de persoas seleccionadas e prazo de presentación de alegacións.

8.1. Na epígrafe deste curso monográfico da páxina web da EGAP (http://egap.xunta.gal/), publicarase a listaxe de persoas seleccionadas así como tamén un número adecuado de reservas no caso de que o número de solicitudes recibidas fose superior ao número de prazas.

O prazo de presentación de alegacións será de dous días naturais contados desde a súa publicación.

8.2. Transcorrido o prazo de alegacións, publicarase na epígrafe deste curso monográfico da páxina web da EGAP (http://egap.xunta.gal/), a listaxe definitiva de persoas admitidas e, se é o caso, a listaxe de reservas.

9. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia.

9.1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

9.2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

• Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

• Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

• Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia deberá ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao comezo da actividade formativa. Na páxina web da Escola estará dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto, poderá utilizarse, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico novas.egap@xunta.gal

c) As persoas que incumpran o previsto nas liñas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

9.3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade.

c) As faltas de asistencia:

c.1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de dez (10) días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o especificado anteriormente perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

c.2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

10. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso monográfico, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.

11. Certificado electrónico de asistencia.

Ao final do curso monográfico expedirase un certificado electrónico de asistencia, descargable desde a área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula/), a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Este documento estará asinado electronicamente pola EGAP e incluirá, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data e o lugar de realización do curso, así como un código de verificación electrónica (CVE) para contrastar a súa autenticidade.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública