Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 20 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo (procedemento ordinario 249/2017-IN) interposto pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CPI Monte Caxado e o Colexio Público Monte Caxado.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 249/2017-IN, interposto pola Asociación de Nais e Pais de alumnos do CPI Monte Caxado e o Colexio Público Monte Caxado, contra o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos