Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato da obra de rehabilitación integral (enerxética e funcional) do CPI Mosteiro-Meis, en Meis, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:

1. Obra de rehabilitación integral (enerxética e funcional) do CPI Mosteiro-Meis, en Meis, expediente ED 9/17-O.

1.1. Adxudicataria: Desarrolla Obras y Servicios, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 366.590,00 € (IVE excluído). O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.

1.3. Data de adxudicación: 18 de setembro de 2017.

1.4. Data de formalización do contrato: 21 de setembro de 2017.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

missing image file