Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Residencia de Mayores Los Rosales, S.L.
Domicilio social: estrada Fuertes, Monte de San Pedro, 12, 15011 A Coruña.
Denominación: proxecto de instalación de centro de transformación de abonado en Residencia de Maiores Los Rosales.
Situación: estrada Fuertes, Monte de San Pedro, 12, 15011 A Coruña.
Características técnicas: centro de seccionamento nun local do edificio. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 630 A, 20 kA).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 30 e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 18 de agosto de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña