Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de agosto de 2017, polo que se outorgan a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro, do parque eólico Coto Frío, nos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense), promovido pola sociedade Coto Frío, S.L. (expediente IN661A DXIEM-03/11).

En cumprimento do disposto nos artigos 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de agosto de 2017, polo que se outorgan a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro, do parque eólico Coto Frío, nos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense), promovido pola sociedade Coto Frío, S.L. (IN661A DXIEM-03/11).

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de agosto de 2017, polo que se outorgan a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro, do parque eólico Coto Frío, nos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense), promovido pola sociedade Coto Frío, S.L. (IN661A DXIEM-03/11).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Coto Frío, S.L. (en diante o promotor) en relación coa autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro, do parque eólico Coto Frío (en diante o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Coto Frío, cunha potencia de 36 MW.

Segundo. O 22.6.2011, o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a inclusión no réxime especial para o parque eólico.

Terceiro. O 13.3.2012 e o 16.3.2012, as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria de Ourense e Pontevedra, respectivamente, emitiron cadanseu certificado sobre os dereitos mineiros existentes na área definida pola poligonal do parque eólico.

Cuarto. O 22.3.2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizou as modificacións do proxecto do parque eólico Coto Frío. Estas modificacións consistiron, de forma xeral, nun desprazamento de 7 dos 12 aeroxeradores do parque eólico.

Quinto. O 13.4.2012, o promotor presentou o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Sexto. Por Resolución do 2 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 12.6.2012, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 8.6.2012, no Boletín Oficial da provincia de Ourense do 15.6.2012 e no xornal La Voz de Galicia do 31.5.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Dozón, Piñor e O Irixo), das xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria de Ourense e de Pontevedra, das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Ourense e de Pontevedra, e da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública:

– Solicitudes de información relativa á relación de bens e dereitos afectados, de modificación do trazado da servidume afectada, así como do uso de vías e de plantacións arbóreas.

– Alegacións relativas ao aproveitamento da superficie forestal afectada polo parque eólico.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente, en relación coa titularidade das parcelas, cos apelidos dos titulares, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, cos enderezos para os efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobre os predios, etc.

– A Sociedade Galega de Historia Natural solicita que, ao non concorrer no proxecto ningunha das consideracións establecidas no artigo 45.6 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e a biodiversidade, non se autorice a afección de aeroxeradores e vías de acceso sobre hábitats de conservación prioritaria presentes na zona, especies incluídas no anexo II da citada lei nin sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000; que se extremen as medidas para evitar as afeccións do proxecto sobre as especies incluídas no anexo I da Directiva Aves, nos libros vermellos estatais e no Catálogo galego de especies ameazadas presentes na zona; que se inclúan no proxecto todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados ou en elaboración, a Xunta de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007; que o proxecto adopte medidas eficaces para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nas vías de acceso (atropelamento e atrapamento en gabias, bueiros, pasos canadenses, etc.) e para minimizar a mortaldade de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.

– Alegacións propias do procedemento polo que se aproba o proxecto sectorial do parque eólico como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

– Granitos San Cosme, S.L. presentou unha alegación propia do trámite de compatibilidade entre os dereitos mineiros e o parque eólico.

Sétimo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Dirección Xeral remitiu, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Axencia Estatal de Seguridade Aérea, Deputación Provincial de Ourense, Concello de Piñor, Retegal, Retevisión I, S.A., ADIF, Concello de Dozón, Deputación Provincial de Pontevedra e Concello do Irixo.

Oitavo. O 10.2.2012 a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico. O 10.7.2012 a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou a modificación da instalación do parque eólico e estableceu o correspondente condicionado.

Noveno. O 30.5.2012 a Deputación Provincial de Ourense emitiu o seu condicionado ao proxecto do parque eólico. O promotor manifestou a súa conformidade o 13.7.2012.

Décimo. O 5.6.2012 o Concello de Piñor emitiu o seu condicionado técnico para a construción do parque eólico, o cal se trasladou ao promotor, que achegou a súa resposta o 19.7.2012.

Décimo primeiro. O 5.6.2012 Retegal emitiu o correspondente condicionado técnico; nel recóllese que a pesar de non observarse obstrucións directas nos sinais de televisión da TDT, se, unha vez executado o parque eólico, as houber, o promotor deberá adoptar as medidas axeitadas para restablecer a calidade e a correcta recepción dos sinais da TDT. O promotor manifestou a súa conformidade o 13.7.2012.

Décimo segundo. O 7.6.2012 Retevisión I, S.A. emitiu o correspondente condicionado técnico; nel recóllese que non se considera necesario paralizar o proxecto de construción do parque eólico. Se, unha vez executado o parque eólico, se detectar perda de cobertura, o promotor deberá adoptar as medidas axeitadas para restablecer a calidade e a correcta recepción dos sinais da TDT. O promotor manifestou a súa conformidade o 13.7.2012.

Décimo terceiro. O 4.7.2012 a ADIF emitiu o seu condicionado ao proxecto do parque eólico. O promotor manifestou a súa conformidade o 23.7.2012.

Décimo cuarto. O 18.7.2012 a Dirección Xeral reiterou a solicitude de condicionado técnico ao Concello do Irixo. O 18.9.2012 e o 6.11.2012 o Concello do Irixo emitiu informe favorable e estableceu os correspondentes condicionados no relativo ao parque eólico. O promotor manifestou a súa conformidade o 23.11.2012.

Décimo quinto. O 24.7.2012 a Dirección Xeral reiterou a solicitude de condicionado técnico, feita o 16.5.2012 á Deputación Provincial de Pontevedra.

Décimo sexto. O 24.7.2012 a Dirección Xeral reiterou a solicitude de condicionado técnico, feita o 16.5.2012 ao Concello de Dozón.

Décimo sétimo. O 14.8.2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas recollidas no proxecto de execución e no anexo ao proxecto do parque eólico.

Décimo oitavo. O 5.9.2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra emitiu o informe técnico das instalacións do parque eólico.

Décimo noveno. O 16.3.2015 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Vixésimo. O 31.3.2016 e o 23.5.2016, as xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra e Ourense, respectivamente, emitiron informes actualizados sobre os dereitos mineiros existentes na área definida pola poligonal do parque eólico. No citado informe do 23.05.2016 indícase que dentro da área de afección do parque eólico só se atopa en vigor a concesión de explotación Laxedo nº 4606.1.

Vixésimo primeiro. O 5.9.2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a incoación do trámite de compatibilidade entre o parque eólico e os dereitos mineiros afectados e deu audiencia aos interesados. O 10.10.2016 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense emitiu o informe de compatibilidade entre o parque eólico Coto Frío e o dereito mineiro Laxedo nº 4606.1. O 16.12.2016; a Subdirección Xeral de Recursos Minerais informou que á vista do informe da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense se constata que, tras analizar o proxecto de explotación e practicar audiencia ao titular do dereito mineiro, o parque eólico Coto Frío é compatible co dereito mineiro Laxedo nº 4606.1.

Vixésimo segundo. O 29.9.2016 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 24 de outubro de 2016 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 42, do 1 de marzo de 2017).

Vixésimo terceiro. O 20.12.2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas reiterou a solicitude de informe a que fai referencia o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, feita o 19.4.2016, á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal.

Vixésimo cuarto. O 16.5.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas solicitou a ratificación do informe emitido pola Dirección Xeral de Ordenación Forestal en relación co proxecto sectorial do parque eólico Coto Frío, para os efectos da autorización do proxecto de execución. Con data do 14.7.2017, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal, vistos os informes anteriores, emitiu informe favorable á construción do parque eólico.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co establecido polo artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola que se modifica a Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. De acordo co previsto no artigo 66 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, o 23.9.2015 e o 2.6.2015, o distrito forestal XVI (Deza-Tabeirós) e o Servizo de Montes de Ourense, respectivamente, emitiron cadanseu informe sobre o proxecto sectorial sen mostraren impedimento ao parque eólico, sempre e cando se cumprisen os condicionantes establecidos. Con data do 14.7.2017, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal emitiu informe favorable á construción do parque eólico para os efectos do artigo 45 da Lei 8/2009, e do artigo 66 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, en relación co artigo 4 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Cuarto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, e que corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a acreditación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...).

2. No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. No que respecta ás alegacións relativas á modificación do trazado da servidume afectada, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No dito número ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios pola dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

4. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 29.9.2016.

5. En relación coa alegación propia do trámite de compatibilidade entre os dereitos mineiros e o parque eólico, cómpre indicar o recollido nos antecedentes de feito vixésimo e vixésimo primeiro desta resolución.

6. No que respecta ás alegacións de carácter sectorial, estas serán tidas en conta no informe a que fai referencia o artigo 13.3 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal en relación co proxecto sectorial do parque eólico.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Coto Frío, nos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense), promovido pola sociedade Coto Frío, S.L., cunha potencia de 36 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Coto Frío, composto polos documentos visados polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) Proyecto de execución parque eólico Coto Frío. Xuño 2011 e anexo ao Proxecto de execución parque eólico Coto Frío. Febreiro 2012, asinados, respectivamente, polo enxeñeiro industrial Miguel Díaz Seoane, colexiado nº 1837 do ICOIIG, e polo enxeñeiro industrial José Ernesto Rodríguez Blanco, colexiado nº 1185 do ICOIIG. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Coto Frío, S.L.

Domicilio social: parque de San Lázaro, 7-1º, 32003 Ourense.

Denominación: parque eólico Coto Frío.

Potencia instalada: 36 MW.

Produción neta: 91.098 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 2.539.

Concellos afectados: Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense).

Orzamento de execución material: 32.698.017 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

P.E. Coto Frío

Vértices poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

573.500

4.713.500

573.375,17

4.713.285,24

2

575.000

4.713.500

574.875,16

4.713.285,24

3

576.500

4.712.700

576.375,16

4.712.485,24

4

577.800

4.713.200

577.675,16

4.712.985,28

5

579.620

4.713.200

579.495,16

4.712.985,28

6

579.620

4.712.570

579.495,16

4.712.355,27

7

578.200

4.710.800

578.075,15

4.710.585,25

8

573.500

4.710.800

573.375,16

4.710.585,25

Coordenadas dos aeroxeradores:

P.E. Coto Frío

Nº aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

574.141

4.711.802

574.016,16

4.711.587,23

2

574.451

4.711.424

574.326,16

4.711.209,23

3

574.810

4.713.037

574.685,16

4.712.822,24

4

574.997

4.712.375

574.872,16

4.712.160,23

5

575.345

4.712.359

575.220,16

4.712.144,23

6

575.717

4.712.014

575.592,16

4.711.799,23

7

576.219

4.712.069

576.094,16

4.711.854,23

8

578.700

4.712.477

578.575,16

4.712.262,26

9

577.548

4.712.159

577.423,16

4.711.944,25

10

577.878

4.712.099

577.753,16

4.711.884,25

11

577.377

4.711.397

577.252,16

4.711.182,24

12

577.777

4.711.388

577.652,16

4.711.173,25

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 12 aeroxeradores VESTAS V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de buxa de 84 metros e cun diámetro de rotor de 112 metros.

– 12 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formados por transformadores de 3.450 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,65/20 kV, celas de media tensión de 20 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede subterránea de media tensión (20 kV), con condutor tipo R.H.Z.1-2OL 12/20 kV, para a evacuación da enerxía xerada e a interconexión entre os centros de transformación 0,65/20 kV e a subestación transformadora 30/132 kV.

– Subestación transformadora 132/30 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 30/40 MVA ONAN/ONAF, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA de potencia nominal e relación de transformación 20/0,4 kV, equipamentos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

Cuarto. Declarar a compatibilidade do parque eólico co dereito mineiro Laxedo nº 4606.1.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Coto Frío, S.L. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 653.960,34 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por esta resolución se aproba.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte o disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Coto Frío, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 291.830 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción de enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba.

6. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal da TDT directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico Coto Frío, S.L., deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de nove meses contados a partir da obtención de todas as licenzas e permisos.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, as xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense e Pontevedra inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificarán o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 29.9.2016 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital que lle resulten de aplicación.

10. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

12. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns oficiais das provincias de Pontevedra e de Ourense, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito sexto:

Mª Jesús Fernández Ojea, o 1.6.2012; José Luis Darriba Cibeira, o 4.6.2012; Modesta Rodríguez Rodríguez, o 5.6.2012; Dolores Reboredo González, Amadora González Otero e Mª Teresa Reboredo González, o 12.6.2012; Adelina Muñoz Bernárdez, o 13.6.2012; José Luis Darriba Cibeira, o 14.6.2012; Antonio Teixeira Lois, o 15.6.2012; Concello de Piñor, o 15.6.2012; Sociedade Galega de Historia Natural, o 22.6.2012; María del Carmen Pájaro López, o 25.6.2012; María Carbajal Fraga, o 28.6.2012; Concepción Carbajal Fraga, o 28.6.2012; José Cibeira Cibeira, o 3.7.2012; ADIF, o 11.7.2012; Manuel Civeira Fraga, o 11.7.2012; Carmen Fraga Pérez, o 11.7.2012; Modesto Fernández Pérez, o 13.7.2012; José Janeiro Civeira, no seu nome e representación da comunidade hereditaria de Pedro Janeiro Cibeira, o 13.7.2012; Financiera Maderera, S.A., o 16.7.2012; Erundina Bernárdez Bernárdez, o 17.7.2012; Granitos San Cosme, S.L., o 27.8.2012; Dolores Reboredo González, Amadora González Otero e Mª Teresa Reboredo González, o 12.9.2012.