Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47502

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 94/2017, do 7 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o ordinal primeiro do artigo 81 daquela, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ao Estado o punto 30 do número 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no artigo 6 que se entende por currículo a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas. Así mesmo, no seu artigo 51 establece que as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño se organizarán en ciclos de formación específica, que incluirán unha fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres.

O Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, define estas e establece a súa finalidade e obxectivos, ordenándoas e fixando as ensinanzas mínimas, e encoméndalles ás administracións educativas o establecemento do currículo correspondente a cada título, de acordo co establecido no artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; no Real decreto 596/2007, do 4 de maio, e nas normas que regulan os títulos respectivos.

Publicado o Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, polo que se establece o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, pertencente á familia profesional artística de Escultura e se fixa o correspondente currículo básico, e tendo en conta o Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, corresponde ao Consello da Xunta de Galicia establecer o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sinalando os seus obxectivos, as súas competencias e os seus contidos.

As ensinanzas que regula este decreto configúranse para garantir unha formación artística ao alumnado que lle permita acadar criterios estéticos para afrontar o labor de creación inherente a todo proceso proxectual, e para valorar obxectivamente o patrimonio artesanal e artístico existente e a obra allea; e, por outra banda, facilitarlle a adquisición dos coñecementos científicos e tecnolóxicos, e as capacidades e habilidades que lle permitan non soamente a súa incorporación á vida laboral activa, senón tamén afrontar, con garantías de eficiencia, a necesaria adaptación ás modificacións técnicas e sociolóxicas que se producirán ao longo da súa vida activa, atendendo ás demandas cambiantes do sistema produtivo.

O ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo está integrado por módulos de duración variable que cobren aspectos da formación do/da alumno/a, concibidos como áreas homoxéneas de coñecemento, capacidades e habilidades. As capacidades terminais de cada módulo describen o comportamento do/da alumno/a en termos de resultados avaliables, requiridos para acadar as competencias básicas que integran a competencia xeral. A constatación destas competencias, en termos de avaliación positiva, garante a validez do título en todo o Estado, e a súa correspondencia europea.

Os contidos curriculares relacionados non constitúen unicamente unidades temáticas, senón que os concretará o equipo docente do ciclo formativo, de maneira que todos eles queden organizados temporal e transversalmente seguindo un criterio propedéutico, que garanta que todos os contidos se imparten sen que se produzan solapamentos entre os diferentes módulos. Esta programación de ciclo formativo terá en conta os elementos establecidos no artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e comprenderá, así mesmo, a metodoloxía didáctica e as actividades formativas non periódicas que se consideren necesarias, servindo finalmente de punto de partida para a programación de aula que cada docente faga e aplique no módulo que imparta.

Así mesmo, e de acordo co artigo 13 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, o currículo que se establece neste decreto permitirá que os centros docentes que o impartan, mediante a posta en marcha do seu proxecto educativo, e a través das programacións didácticas de cada un dos módulos que o integran, o desenvolvan e completen, tomando en consideración as características do contexto social e cultural, as necesidades do alumnado, con especial atención ás de quen presente unha discapacidade, e as posibilidades formativas do contorno.

A fase de formación práctica facilitará o desenvolvemento das capacidades socio-laborais que requiran ser completadas e verificadas nun contorno real de traballo, así como aqueloutras necesarias para completar as competencias profesionais acadadas no centro educativo.

O módulo de proxecto integrado nos ciclos formativos de grao superior ten por obxecto que o alumnado sexa capaz de integrar, aplicar e valorar os coñecementos, destrezas e capacidades específicas do campo profesional da especialidade a través da formulación e realización dun proxecto adecuado ao nivel académico cursado, que evidencie rigor técnico, cultura plástica, expresión artística e sensibilidade estética e posibilidade de realización e viabilidade.

Finalmente, na aplicación deste decreto por parte dos centros docentes terase en conta o establecido no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos cales se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, así como o disposto nos artigos 9, 14 e 22 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, consultado o Consello Escolar de Galicia, co ditame previo do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, de acordo co Consello Consultivo, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de setembro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Obxecto

Artigo 1. Obxecto

O presente decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, pertencente á familia profesional artística de Escultura, de acordo co establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; no Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, e no Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, polo que se establece o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, pertencente á familia profesional artística de Escultura e se fixa o correspondente currículo básico.

CAPÍTULO II
Identificación do título, perfil profesional, ámbito profesional
e prospectiva do título no sector

Artigo 2. Identificación do título

De acordo co número 1 do anexo I do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo identifícase polos seguintes elementos:

Denominación: técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo.

Nivel: grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, que corresponde ao nivel 1 do Marco español de cualificacións para a educación superior (MECES), segundo o establecido polo Real decreto 1027/2011, do 15 de xullo.

Duración: dúas mil horas.

Familia profesional artística: Escultura.

Referente europeo: CINE-5b (Clasificación internacional normalizada da educación).

Artigo 3. Perfil profesional do título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo

O perfil profesional do título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo determínase pola súa competencia xeral e polas súas competencias profesionais.

Artigo 4. Competencia xeral

De conformidade co establecido no número 2.1 do anexo I do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, a competencia xeral do título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo consiste en:

a) Elaborar obras de ornamentación, ambientación e caracterización, mediante técnicas escultóricas, que formen parte de calquera tipo de espectáculo a partir do propio proxecto ou dun encargo profesional determinado.

b) Planificar o proceso de realización mediante a definición dos aspectos formais, funcionais, materiais, estéticos e de produción.

c) Organizar e levar a cabo as distintas fases do proceso, garantindo a seguridade das operacións e realizando os controis de calidade correspondentes ata a obtención do produto acabado con garantía de calidade e seguridade.

Artigo 5. Competencias profesionais

De acordo co número 2.2 do anexo I do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, as competencias profesionais do título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo son as que se relacionan:

a) Definir as características formais, funcionais, técnicas, materiais e estéticas dun proxecto propio ou dun encargo dado para a elaboración de elementos ou ambientacións escultóricas de uso en todo tipo de espectáculo.

b) Realizar planos, bosquexos e debuxos con técnicas de cor, así como elaborar maquetas e modelos para visualizar o resultado final das obras volumétricas que se van realizar e elaborar a documentación do proxecto.

c) Planificar e levar a cabo o proceso de realización de obras de carácter escultórico para uso en todo tipo de espectáculos, atendendo ás especificacións do proxecto.

d) Realizar os controis de calidade correspondentes a cada momento do proceso de elaboración, co fin de garantir a calidade técnica e artística das pezas e efectuar a montaxe destas.

e) Coñecer, seleccionar, preparar e utilizar os materiais máis adecuados ás especificacións técnicas, formais, funcionais e estéticas do proxecto.

f) Coñecer as especificacións técnicas das ferramentas, equipamentos, útiles e maquinaria ao seu cargo e organizar as medidas de mantemento periódico destes.

g) Coñecer e utilizar as diferentes técnicas escultóricas de modelaxe, talla e construción e experimentar as súas distintas posibilidades e aplicacións no campo desta especialidade.

h) Utilizar as técnicas de moldeado e baleirado aplicándoas ao campo da ambientación e caracterización de ambientes, obxectos e persoas na realización de espectáculos.

i) Realizar ampliacións e despezamentos de elementos escultóricos de carácter efémero para escenografías todo tipo de espectáculos.

j) Aplicar as pátinas e recubrimentos protectores necesarios para un bo acabamento dos elementos escultóricos aplicados ao espectáculo.

k) Realizar acabamentos imitando todo tipo de materiais pétreos metálicos e orgánicos mediante procedementos pictóricos e escultóricos.

l) Establecer as condicións que garantan a seguridade das operacións de elaboración e a prevención dos posibles riscos derivados da súa actividade profesional.

m) Asesorar e coordinar grupos de traballo, organizar o proceso produtivo e creativo e transmitir con precisión a información adecuada para conseguir o resultado idóneo, tanto no traballo en equipo coma na obtención dos distintos produtos escultóricos en función do tipo de espectáculo a que vaian destinados.

n) Organizar, administrar e xestionar un taller de escultura aplicada ao espectáculo, ben sexa como asalariado/a, autónomo/a ou en cooperativa, considerando aqueles factores artísticos, técnicos, económicos, normativos e de seguridade imprescindibles no traballo.

o) Elaborar os orzamentos nos cales se definan os materiais e procedementos que se van empregar, e se calculen os custos a partir dos requisitos técnicos, funcionais e estéticos, así como a rendibilidade do traballo que se vai realizar.

Artigo 6. Ámbito profesional

De conformidade co número 3.1 do anexo I do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, a persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo pode desenvolver a súa actividade como profesional autónomo, asociado ou contratado por conta allea, en empresas e talleres de carácter artesanal ou artístico relacionados coa execución de proxectos de realización e montaxe de obras de ornamentación, ambientación e caracterización, mediante técnicas escultóricas para aplicar en calquera tipo de espectáculos, realizando o seu labor no marco das funcións e obxectivos asignados ao seu posto de traballo como técnico/a superior ou coordinando pequenos grupos de traballo de profesionais de inferior nivel.

Artigo 7. Prospectiva do título no sector

1. Segundo o establecido no número 3.2 do anexo I do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, a persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo pode exercer a súa profesión no sector artístico relacionado cos proxectos de realización e montaxe de obras de ornamentación, ambientación e caracterización, mediante técnicas escultóricas para aplicar en calquera tipo de espectáculos, entre outros, nos sectores de produción teatral, televisivo, cinematográfico, publicitario, turístico, de feiras e exposicións, festivo e recreativo, e noutros sectores de produción industrial e construtivo que requiran os seus servizos.

A demanda laboral destes profesionais oriéntase nas seguintes direccións:

a) Realización de obxectos tridimensionais para escenografías de teatro e ópera, cine e televisión, parques de atraccións e temáticos, montaxe e instalacións de feiras, actividades socioculturais, parques infantís e gardarías e calquera outro ámbito relacionado co espectáculo.

b) Realización de estruturas, obxectos corpóreos de uso en escena con significación artística y ornamental, escultura teatral, elementos arquitectónicos e de relevo.

c) Obxectos de atrezzo e utensilios para cine, teatro, televisión e outros medios efémeros de expresión artística.

2. De conformidade co número 3.3 do anexo I do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, a persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo é un/unha profesional cualificado/a para desenvolver os seguintes postos de traballo e ocupacións:

a) Encargado/a de taller de realización de elementos ornamentais, decorativos e escultóricos en material diverso de uso relacionado co mundo do espectáculo.

b) Proxectista de obras de ambientación escenográfica, ornamentais, decorativas ou escultóricas, en diferentes materiais, para uso en calquera tipo de espectáculo.

c) Realizador/a de obras de ambientación escenográfica, ornamentais, decorativas ou escultóricas, en diferentes materiais, para uso en calquera tipo de espectáculo.

d) Creador/a e realizador/a de obxectos ornamentais e funcionais que precisen procesos escultóricos para eventos, reclamos publicitarios, indicadores, tipografía, recreación de áreas de descanso, xardíns, parques, centros comerciais e demais espazos públicos.

e) Creador/a e realizador/a de máscaras, monicreques e marionetas, elementos propios de teatro e festexos populares.

f) Responsable de realización de útiles para espectáculos en vivo.

g) Encargado/a de útiles de escena.

CAPÍTULO III
Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos

Artigo 8. Obxectivos xerais do ciclo formativo

Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior correspondentes ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo son, segundo o establecido no número 4.1 do anexo I do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, os seguintes:

a) Acadar unha visión de conxunto e ordenada dos procesos de realización de obras escultóricas para uso en espectáculos, das súas diferentes fases e operacións e xerar a documentación e información artístico-técnica necesaria para levar a cabo un proxecto de produción artística nos materiais propios da especialidade.

b) Identificar e definir os aspectos artístico-plásticos, formais, estruturais, funcionais, materiais, técnicos, organizativos e económicos que configuran o proxecto ou encargo de elaboración de obras de ambientación escenográfica, ornamentais, decorativas ou escultóricas, en diferentes materiais, para uso en calquera tipo de espectáculo.

c) Utilizar con propiedade as técnicas de expresión artístico-plástica na busca e definición das características formais deste tipo de obras.

d) Ser capaces de seleccionar e relacionar con coherencia e sensibilidade artística materiais, útiles ou ferramentas e técnicas de produción, coa forma, estrutura e función do obxecto escultórico deseñado.

e) Analizar a evolución das tendencias estéticas e artísticas que inflúen na realización escultórica na actualidade e valorar os condicionantes simbólicos e comunicativos que contribúen a configurar o gusto do público consumidor.

f) Aplicar os criterios de control de calidade e resolver os problemas artísticos e tecnolóxicos que se formulen durante o proceso de realización de obras destinadas a participar en producións espectaculares co fin de obter resultados acordes cos parámetros de calidade artística e técnica requiridos.

g) Coñecer as especificacións técnicas e utilizar con destreza os equipos e maquinaria específicos da realización de obras escultóricas e artísticas do ámbito do espectáculo.

h) Exercer a súa actividade profesional con respecto ao marco legal, económico e organizativo que a regula e condiciona, con iniciativa e responsabilidade e nas condicións de seguridade e hixiene adecuadas e implementar as medidas preventivas necesarias para non incidir negativamente no ambiente.

i) Iniciarase na busca de formas, materiais, técnicas e procesos creativos e artísticos relacionados coa escultura aplicada ao espectáculo.

j) Adaptarse en condicións de competitividade aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector; buscar, seleccionar e utilizar canles de información e de formación continua relacionados co exercicio profesional.

k) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para desenvolver os valores do principio de igualdade de trato e non discriminación entre homes e mulleres nin por ningunha outra condición nin circunstancia persoal nin social, así como a prevención da violencia de xénero e o coñecemento da realidade homosexual, transexual, transxénero e intersexual.

l) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero.

Artigo 9. Obxectivos básicos, contidos e criterios de avaliación dos módulos formativos

Os obxectivos básicos, contidos e criterios de avaliación dos módulos formativos son os establecidos no anexo I.

1. Os obxectivos básicos defínense como a capacidade do alumnado para levar a cabo, con eficiencia e eficacia, as tarefas profesionais definidas nos obxectivos xerais do ciclo.

2. Os contidos, expresados en relación con cada un dos módulos que integran o currículo, constitúen o enunciado da área de coñecemento que lle é propia, e que serán suficientemente desenvolvidos e delimitados na súa extensión e nivel polo equipo docente do ciclo formativo.

3. Os criterios de avaliación definen aspectos da actividade do alumnado e aspectos dos resultados prácticos desta que permiten, en relación coas capacidades terminais de cada módulo, valorar segundo unha escala o grao de consecución das ditas capacidades e competencias.

Artigo 10. Espazos, equipamento, instalacións e condicións materiais

1. Os requisitos de espazos, equipamento, instalacións e condicións materiais que deben reunir os centros de ensino que impartan o ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo na Comunidade Autónoma de Galicia son os que se determinan nos artigos 3 e 12 do Real decreto 303/2010, do 15 de marzo.

2. De conformidade co Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, os espazos disporán da superficie necesaria e suficiente para desenvolver as actividades de ensino dos módulos profesionais que se imparten en cada un deles. Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:

a) A superficie establecerase en función do número de persoas que ocupen o espazo formativo e do tipo de ensino e deberá permitir o desenvolvemento das actividades formativas de ensino coa ergonomía e a mobilidade requiridas dentro deste.

b) Deberán cubrir a necesidade espacial de mobiliario, equipamento e instrumentos auxiliares de traballo.

c) Deberán respectar os espazos ou superficies de seguridade que exixan as máquinas e equipos en funcionamento.

d) Respectarán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo e cantas outras normas sexan de aplicación.

3. De conformidade co Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, os equipamentos que se inclúen en cada espazo serán os necesarios e suficientes para garantir a calidade do ensino. Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:

a) O equipamento (equipos, máquinas e outros) disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, cumprirá coas normas de seguridade e prevención de riscos e con cantas outras sexan de aplicación.

b) A cantidade e características do equipamento deberán estar en función do número de alumnos/as e permitir a adquisición dos resultados de aprendizaxe, tendo en conta os criterios de avaliación e os contidos que se inclúen en cada un dos módulos profesionais que se impartan nos referidos espazos.

Artigo 11. Competencia docente

As competencias docentes dos/das funcionarios/as pertencentes aos corpos de profesores/as e mestres/as de taller de Artes Plásticas e Deseño para a impartición dos módulos das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de Escultura Aplicada ao Espectáculo son as determinadas no anexo II.

CAPÍTULO IV
Acceso ao ciclo formativo, acceso a outros estudos, exencións e validacións

Artigo 12. Requisitos de acceso ao ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo

1. Conforme o artigo 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o artigo 14.2 e a disposición adicional cuarta do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, para acceder ao ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo será necesario estar en posesión do título de bacharel ou título declarado equivalente para os efectos de acceso.

2. Así mesmo, para acceder ao ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, ademais dos requisitos académicos recollidos no punto anterior, deberase superar unha proba específica que permita demostrar as aptitudes e coñecementos artísticos necesarios para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. A consellería competente en materia de educación convocará, polo menos unha vez ao ano, a dita proba específica.

Artigo 13. Exencións da proba específica de acceso ao ciclo formativo

1. Estarán exentos/as de realizar a proba específica de acceso ao ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo a que se refire o artigo anterior, os/as que estean en posesión de:

a) Calquera título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño da familia profesional artística de Escultura, ou título declarado equivalente.

b) Título de bacharel, na modalidade de Artes, ou de bacharelato artístico experimental.

c) Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

d) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.

e) Licenciatura en Belas Artes.

f) Arquitectura.

g) Enxeñería técnica en Deseño Industrial.

2. Quen, estando en posesión do título de bacharel ou título declarado equivalente, acredite ter una experiencia laboral de polo menos un ano en tarefas directamente relacionadas coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, tamén estará exento de realizar a proba específica de acceso, para o cal debe achegar a certificación da empresa en que adquirise a experiencia laboral, e na cal conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a dita actividade. No caso de traballadores/as por conta propia, deberá achegarse certificación de alta no censo de obrigados/as tributarios/as. O órgano competente para resolver sobre as solicitudes de exención da proba específica de acceso ao ciclo formativo será o tribunal avaliador da dita proba.

Artigo 14. Acceso ao ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo para quen non reúna os requisitos académicos

1. Conforme o artigo 52.3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, poderá acceder ao grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño sen estar en posesión dos requisitos académicos de acceso establecidos no artigo 12.1 deste decreto quen acredite, mediante a superación dunha proba de acceso, posuír a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, ademais das aptitudes e dos coñecementos artísticos necesarios a que se refire o artigo 12.2, e teña como mínimo 19 anos feitos no ano de realización da proba, ou 18 anos se acredita estar en posesión dun título de técnico en Artes Plásticas e Deseño nun ciclo de grao medio relacionado con aquel ao cal se desexa acceder.

2. Esta proba de acceso constará de dúas partes:

a) Parte xeral: versará sobre os coñecementos e capacidades básicas das disciplinas comúns do bacharelato.

b) Parte específica: a proba permitirá valorar as aptitudes e coñecementos artísticos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo.

3. Quedará exento/a da realización da parte xeral da proba de acceso sinalada no artigo 14.2 quen teña superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Así mesmo, quedará exento/a da realización da parte específica da proba de acceso sinalada no punto anterior quen acredite ter unha experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo. Para iso deberá achegar a documentación sinalada no artigo 13.2.

Artigo 15. Regulamentación e validez das probas de acceso

1. A estrutura, contidos, criterios de avaliación e organización das probas de acceso a que se refiren os artigos 12 e 14 serán determinados pola consellería competente en materia de educación, facilitando o acceso ao alumnado con discapacidade que o requira.

2. As cualificacións das probas de acceso expresaranse en termos numéricos, segundo unha escala de cero a dez, con dous decimais; será preciso acadar unha cualificación igual ou superior a cinco para superalas.

3. As probas de acceso ao ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo terán validez en todo o territorio nacional, e a súa superación dará dereito a matricularse, conforme a normativa en vigor, no ciclo formativo correspondente, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas nos diferentes centros.

4. A superación da parte xeral da proba de acceso regulada no artigo 14.2 terá validez para posteriores convocatorias.

Artigo 16. Reserva de prazas

A consellería competente en materia de educación poderá establecer, no ámbito das súas competencias, unha porcentaxe de prazas de reserva para acceder ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño nos supostos recollidos nos artigos 15 e 16 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio.

Artigo 17. Efectos do título e acceso a outros estudos

1. A superación da totalidade dos módulos que integran o ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo dará dereito á obtención do título técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo.

2. O título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo ten carácter oficial e validez académica e profesional en todo o territorio nacional. Acredita o nivel de formación, as competencias profesionais que contén e produce os efectos establecidos na lexislación vixente, sen que iso constitúa regulación do exercicio profesional.

3. De acordo co establecido no artigo 6.1 do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo dará dereito ao acceso a calquera outro ciclo formativo de grao medio ou superior, coa exención da proba específica de acceso, para aqueles casos previstos no artigo 15 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio.

4. O título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo dará dereito ao acceso directo aos estudos superiores de Deseño, aos estudos superiores de Artes Plásticas e ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

5. O título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo permitirá o acceso aos estudos universitarios de acordo co disposto no artigo 22.5 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, e de conformidade cos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias de grao establecidos no Real decreto 412/2014, do 6 de xuño.

A consellería con competencias en materia de educación recoñecerá créditos destas ensinanzas superiores ao alumnado que estea en posesión do título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, de conformidade co establecido no número 2 do artigo 10 dos reais decretos 633/2010, 634/2010 e 635/2010, todos eles do 14 de maio, e polos que se regulan, respectivamente, o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de Deseño, de Artes Plásticas nas especialidades de Cerámica e Vidro, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais, e segundo o disposto no Real decreto 1618/2011, do 14 de novembro, sobre recoñecemento de estudos no ámbito da educación superior.

6. O título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo permitirá o acceso ao bacharelato, de acordo co disposto no artigo 22.3 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio.

7. De conformidade co disposto no artigo 6.5 do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, asígnanse 120 créditos ECTS á totalidade do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, distribuídos entre os módulos profesionais correspondentes e a fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres.

Artigo 18. Validacións, recoñecementos e exencións

1. Validacións:

a) A relación de módulos do ciclo formativo de Escultura Aplicada ao Espectáculo regulado neste decreto que se validan por módulos de ciclos formativos de grao superior da familia profesional artística de Escultura, de conformidade co establecido no Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, é a establecida no anexo III, segundo o procedemento en vigor.

b) A relación de módulos do ciclo formativo de Escultura Aplicada ao Espectáculo regulado no presente decreto, que se validan por módulos de ciclos formativos de grao superior da familia profesional de Artes Aplicadas á Escultura regulados no Real decreto 1843/1994, do 9 de setembro, é a establecida no anexo IV, segundo o procedemento en vigor.

c) De conformidade co artigo 7.3 do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, o módulo de formación e orientación laboral será obxecto de validación sempre que se superase nun ciclo de artes plásticas e deseño.

d) O procedemento e os requisitos para o recoñecemento das ditas validacións serán os establecidos na normativa vixente.

2. Recoñecementos:

a) Os módulos do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo regulado neste decreto, que se recoñecerán para os efectos da incorporación do alumnado a este, por módulos do ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño en Artes Aplicadas da Escultura superados segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 122/2002, do 7 de marzo, son os establecidos no anexo V.

b) O procedemento e os requisitos para o recoñecemento dos citados módulos serán os establecidos na normativa vixente.

3. Exencións:

a) Os módulos integrados no ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo regulado neste decreto, que poderán ser obxecto de exención pola súa correspondencia coa práctica laboral, de acordo co artigo 24 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, e co Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, son os establecidos no anexo VI.

b) Con carácter xeral, determinarase a exención total ou parcial da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, sempre que se acredite unha experiencia laboral de, polo menos, un ano nun campo profesional directamente relacionado co do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo regulado neste decreto.

c) A consellería competente en materia de educación regulará o procedemento para o recoñecemento das exencións. En calquera caso, para a acreditación da experiencia laboral deberá presentarse a documentación que se indica no artigo 13.2. Os módulos e a fase de formación práctica que fosen obxecto de exención pola súa correspondencia coa práctica laboral figurarán no expediente académico do/da alumno/a coa expresión de «exento/a».

4. De acordo co establecido no artigo 7.8 do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, en ningún caso será obxecto de validación, recoñecemento ou exención o módulo de proxecto integrado, ao ter por obxecto a integración dos coñecementos, destrezas e capacidades específicas do campo profesional da especialidade de Escultura Aplicada ao Espectáculo a través da realización dunha obra ou proxecto adecuado ao nivel académico cursado.

CAPÍTULO V
Ordenación académica e docencia

Artigo 19. Ordenación dos módulos

1. As ensinanzas do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo estrutúranse en cursos académicos e organízanse en módulos formativos de duración variable impartidos no centro educativo, máis a fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres.

2. Nos módulos de formación do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo impartidos nos centros manterase unha relación numérica máxima de profesorado/alumnado de 1/30 para as clases teóricas e teórico-prácticas e de 1/15 nas clases prácticas e talleres. Para a parte de carácter práctico do módulo de proxecto integrado, contarase coa titoría individualizada do profesorado que imparta docencia no ciclo formativo.

Artigo 20. Desenvolvemento curricular

1. Os centros que impartan o ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo desenvolverán e completarán o currículo establecido neste decreto mediante a posta en práctica do seu proxecto educativo e a implementación de programacións didácticas que tomen en consideración as características do contorno social e cultural, a integración transversal da perspectiva de xénero, as necesidades do alumnado, con especial atención ás de quen presente unha discapacidade, e as posibilidades formativas do contorno.

2. O proxecto educativo do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, os contidos e criterios de avaliación de cada módulo e a súa programación de aula.

3. Os/as profesores/as desenvolverán a programación de aula de acordo co currículo do ciclo e co proxecto educativo do centro docente, tendo en conta que a metodoloxía didáctica das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño integrará os aspectos artísticos, científicos, técnicos, tecnolóxicos e organizativos propios deste ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, co fin de que o alumnado acade unha visión global dos procesos e procedementos propios desta especialidade da escultura.

4. Os proxectos educativos dos centros completarán e desenvolverán os elementos necesarios para garantir que o alumnado do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo acade e desenvolva as competencias incluídas no currículo en «deseño para todas as persoas».

As programacións que desenvolvan o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo incluirán contidos relacionados coa realidade cultural e artística propia de Galicia, en función da natureza de cada módulo e na medida que o seu carácter teórico, teórico-práctico ou práctico o permita.

CAPÍTULO VI
Avaliación e mobilidade do alumnado

Artigo 21. Avaliación do alumnado

1. A avaliación das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo será continua e terá en conta o progreso e a madureza académica do alumnado en relación cos obxectivos xerais e as competencias profesionais propias do ciclo formativo.

2. A avaliación levarase a cabo de maneira diferenciada para cada módulo, tomando como referencia os obxectivos de cada un deles, expresados en termos de competencias, capacidades e habilidades, e os seus respectivos criterios de avaliación establecidos neste decreto, completados e organizados polos correspondentes equipos docentes e programados polos/as docentes que os imparten. En calquera caso, a aplicación do proceso de avaliación continua do alumnado requirirá da súa asistencia regular ás clases e actividades lectivas programadas.

3. Os resultados da avaliación final de cada módulo expresaranse en termos de cualificación, de acordo cunha escala numérica de cero a dez. Consideraranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco e negativas as restantes.

4. Na avaliación da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, colaborará o/a responsable da formación de alumnado designado/a polo centro de traballo durante a estadía do/da alumno/a nela. Os resultados desta avaliación expresaranse en termos de «apto-a/non apto-a». Para a superación da fase de formación práctica en estudios, empresas e talleres, o alumnado disporá de dúas convocatorias.

5. O número máximo de convocatorias para a superación de cada módulo será de catro. A consellería competente en materia de educación establecerá o procedemento para a solicitude e concesión dunha convocatoria extraordinaria por motivos de enfermidade, discapacidade ou outros que impidan o normal desenvolvemento dos estudos.

6. A consellería competente en materia de educación establecerá as condicións para a anulación da matrícula e para a renuncia á convocatoria de todos ou algúns dos módulos que integran o ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, incluída a fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres. A renuncia á convocatoria reflectirase nos documentos de avaliación coa expresión «renuncia».

7. A consellería competente en materia de educación establecerá os requisitos para a promoción de curso, e será precisa, en calquera caso, a avaliación positiva en módulos cuxa carga lectiva sume, polo menos, o 75 por 100 do primeiro curso.

8. A fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres realizarase durante o segundo curso do ciclo formativo. Para a cualificación desta fase será necesaria a cualificación positiva do alumnado en todos os módulos que integran o ciclo formativo, agás o de proxecto integrado, e será cualificada na convocatoria final correspondente ao segundo curso do ciclo formativo.

9. A superación do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo requirirá a avaliación positiva en todos os módulos que o integran e, así mesmo, a cualificación de «apto/a» na fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres.

10. A cualificación media final do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo obterase unha vez superados os módulos impartidos no centro educativo e a fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, e consistirá na media aritmética das cualificacións medias ponderadas dos distintos módulos que o compoñen, expresada con dous decimais. A cualificación media ponderada de cada módulo obterase multiplicando o número de créditos que lle corresponde ao módulo pola cualificación final obtida nel, e dividindo o resultado entre o número total de créditos cursados.

11. Para os efectos do cálculo da cualificación media final do ciclo, non será computada a fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, nin aqueles módulos que fosen obxecto de validación e/ou exención por correspondencia coa práctica laboral.

Artigo 22. Mobilidade do alumnado

1. Cando un/unha alumno/a obteña praza nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia co fin de continuar os seus estudos no ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo regulado neste decreto, e iniciados nun centro dependente doutra Administración educativa, o centro de destino solicitará ao centro de orixe o expediente académico do/da alumno/a. Recibido o expediente, a Administración educativa receptora procederá á correspondente adaptación dos módulos superados, co fin de que o/a alumno/a se incorpore aos módulos e ao curso que lle corresponda. Para estes efectos, os módulos superados na súa totalidade e que segundo o criterio da dita Administración educativa sexan similares en contidos e carga lectiva aos establecidos neste decreto, serán recoñecidos de forma automática como adaptados e, para outros casos, poderase prever a superación dos complementos de formación que se consideren convenientes.

2. Os módulos adaptados figurarán no expediente do/da alumno/a coa expresión «adaptado». Cando sexa preciso facer unha ponderación das cualificacións, os módulos que figuren como «adaptados» computaranse coa cualificación do centro de orixe.

Artigo 23. Documentación da avaliación e mobilidade do alumnado

1. Os documentos básicos de avaliación deste ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo son:

a) O expediente académico persoal, que se acredita coa certificación académica persoal.

b) As actas de avaliación.

c) Os informes individualizados de avaliación.

2. Toda a información relativa ao proceso de avaliación do alumnado recollerase, de maneira sintética, no expediente académico do/da alumno/a. No devandito expediente figurarán a identificación do centro e os datos persoais do/da alumno/a, a modalidade de acceso ao ciclo, número e data da matrícula, os resultados da avaliación e, de ser o caso, as medidas de adaptación curricular e a cualificación media final do ciclo.

3. Os documentos básicos de avaliación farán constar en lugar preferente a presente norma que desenvolve o currículo do título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Co obxecto de garantir a mobilidade académica e territorial do alumnado, terán a consideración de documentos básicos de mobilidade, a certificación académica persoal, obtida do expediente académico, e o informe de avaliación individualizado.

5. A certificación académica persoal ten valor acreditativo dos estudos realizados polo/a alumno/a, e constitúe o documento oficial básico que recolle a referencia normativa do plan de estudos, o curso académico, as cualificacións obtidas con expresión da convocatoria (ordinaria ou extraordinaria), os módulos que fosen obxecto de validación e/ou correspondencia coa práctica laboral e, se for o seu caso, as anulacións de matrícula e/ou renuncia ás convocatorias.

6. Cando o/a alumno/a se traslade de centro, consignarase nun informe de avaliación individualizado toda aquela información necesaria para a continuidade do proceso de aprendizaxe.

7. A consellería competente en materia de educación establecerá o modelo de expediente académico do alumnado, os modelos de acta de avaliación e os modelos de informe individualizado de avaliación, e propiciará o seu tratamento informático, no ámbito da súa competencia e de xestión.

Disposición adicional primeira. Accesibilidade universal nas ensinanzas deste título

1. A consellería competente en materia de educación establecerá as medidas oportunas que garantan o cumprimento do establecido no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, co fin de facilitarlle ao alumnado os medios e recursos que se precisen para acceder e cursar as ensinanzas deste ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de «deseño para todas as persoas», incorporando ás ditas programacións as unidades didácticas que correspondan coa finalidade de que o alumnado acade a sensibilidade e as competencias relacionadas con este concepto e as aplique ao longo da súa aprendizaxe e o seu labor profesional.

3. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto recollerán as medidas necesarias coa finalidade de que o alumnado con discapacidade poida acadar a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, así como os resultados da aprendizaxe de cada un dos módulos.

Disposición adicional segunda. Cursos de especialización

Coa finalidade de promover a formación ao longo da vida, os centros que impartan o ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo poderán organizar e desenvolver cursos de especialización vinculados ás ensinanzas deste, que deberán ser obxecto dunha certificación acreditativa da formación adquirida na cal se indique a superación do curso, o número de horas de duración e a súa equivalencia en créditos ECTS. A dita certificación poderá ter, de ser o caso, valor acreditativo no Sistema nacional de cualificacións e formación profesional que corresponda.

Estes cursos de formación serán autorizados pola consellería competente en materia de educación, que establecerá, así mesmo, as condicións e o procedemento para a súa autorización.

Disposición adicional terceira. Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos, instalacións, equipamentos e condicións materiais regulados neste decreto.

Disposición adicional cuarta. Formación do profesorado

A consellería competente en materia de educación establecerá medidas de apoio ao profesorado, especialmente na formación permanente e na investigación e innovación, para contribuír ao mellor desenvolvemento e aplicación do novo currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo.

Disposición adicional quinta. Competencia docente

Ao abeiro do establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, e no artigo 3 e anexo II do Real decreto 220/2015, do 27 de marzo, a competencia docente dos/das profesores/as e mestres/as de taller de artes plásticas e deseño para impartir os módulos que integran este ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo será a que se indica no anexo II.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

1.Queda derrogado o Decreto 122/2002, do 7 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño de Artes Aplicadas da Escultura, correspondente á familia profesional de Artes Aplicadas da Escultura, así como o acceso ao dito ciclo formativo.

2. Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición transitoria única. Implantación das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo

A consellería competente en materia de educación determinará o calendario e as condicións para a ordenada extinción do plan de estudos correspondente, garantindo a obtención dos títulos das ensinanzas que se extinguen, nas condicións que oportunamente se establezan.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízase a persoa titular da consellería competente en materia de educación para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto no relativo á organización e materias propias do seu departamento.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de setembro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

1. Distribución horaria das ensinanzas

Estrutura xeral

Horas totais por curso

Créditos ECTS asociados

Módulos impartidos no centro docente

1.850

114

Fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres

150

6

Total horas de ensino

2.000

120

2. Formación no centro docente

2.1. Módulos correspondentes ás ensinanzas impartidas no centro docente (*).

Módulos

Ratio profesorado/ alumnado

Horas totais por curso

Créditos ECTS asociados

1º curso

2º curso

1º curso

2º curso

Debuxo artístico

1/30

144

----

8

----

Debuxo técnico

1/30

108

----

6

----

Volume

1/30

216

----

11

----

Historia da escultura

1/30

108

----

6

----

Aplicacións informáticas

1/30

108

----

6

----

Materiais e tecnoloxía de escultura aplicada ao espectáculo

1/30

72

----

6

----

Proxectos de escultura aplicada ao espectáculo I

1/30

108

----

6

----

Taller de baleirado e moldeado

1/15

216

----

11

----

Taller de acabamentos polícromos

1/15

----

96

----

5

Taller de estruturas e montaxes

1/15

----

120

----

6

Proxectos de escultura aplicada ao espectáculo II

1/30

----

216

---

10

Escultura efémera

1/15

----

216

---

11

Formación e orientación laboral

1/30

----

72

----

4

Proxecto integrado

1/30

----

50

----

18

Total horas curso

1.080

770

----

----

Total créditos ECTS

----

-----

60

54

(*) Para os efectos do cómputo horario considéranse 36 semanas para cada un dos dous cursos que dura o ciclo formativo.

(*) Ratio profesorado/alumnado: está referido aos módulos de carácter teórico, teórico-prácticos, e prácticos ou talleres.

2.2. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación dos módulos.

1. Debuxo artístico.

Obxectivos.

1º. Representar graficamente tanto formas da contorna coma imaxes de propia creación.

2º. Analizar os elementos que configuran a representación do espazo nun soporte bidimensional e as relacións que se establecen entre eles.

3º. Utilizar os diferentes materiais e técnicas gráficas como ferramentas básicas para a busca e definición formal de imaxes e para a comunicación gráfica de ideas.

4º. Comprender os fundamentos e a teoría da cor, a súa importancia nos procesos creación artístico-plástica e utilizalos de forma creativa na representación gráfica.

5º. Exercitar a capacidade de invención e ideación e desenvolver a sensibilidade estética e creativa.

Contidos.

1º. A forma bidimensional e tridimensional e a súa representación sobre o plano.

2º. Os materiais de debuxo e as súas técnicas. Técnicas secas, húmidas e mixtas.

3º. A composición, conceptos básicos. Expresividade na ordenación do espazo.

4º. Análise de forma e estrutura. Relación das partes co todo. Proporción.

5º. A luz e a súa representación. Valores expresivos e descritivos. O claroscuro.

6º. A cor. Fundamentos e teoría da cor. Valores descritivos, expresivos e simbólicos.

7º. A realidade como motivo. As formas da natureza e a súa interpretación e representación: realismo, síntese e estilización.

8º. A figura humana e a súa relación coas formas da súa contorna. Proporcións, expresión e movemento.

9º. O debuxo aplicado á realización de proxectos propios desta especialidade: o deseño de formas tridimensionais de posible realización.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Utilizar correctamente os diferentes materiais e técnicas do debuxo na representación gráfica de formas da realidade ou da propia inventiva.

2º. Analizar e comprender a forma e o espazo compositivo tridimensionais, e estruturalos e representalos de forma bidimensional de acordo coas necesidades comunicativas.

3º. Aplicar os coñecementos adquiridos á realización de bosquexos, esbozos e proxectos propios desta especialidade.

4º. Analizar e interpretar as formas da natureza, segundo procesos de realismo, síntese e estilización.

5º. Utilizar correctamente a cor e as técnicas gráficas, nos seus aspectos representativos, expresivos e comunicativos.

6º. Valorar argumentadamente os aspectos formais, estéticos e comunicativos dunha representación gráfica determinada.

2. Debuxo técnico.

Obxectivos.

1º. Utilizar os métodos, procedementos, convencións e técnicas gráficas propias do debuxo técnico na busca e definición formal de pezas tridimensionais e baixorrelevos, e na comunicación gráfica de ideas.

2º. Representar y acoutar pezas tridimensionais utilizando o sistema de representación adecuado.

3º. Comprender a información gráfica de deseños e proxectos de realización de pezas escultóricas.

4º. Valorar o debuxo técnico como ferramenta básica na representación obxectiva das formas, na transmisión de información precisa acerca dos obxectos e na ideación, proxectación e realización destes.

Contidos.

1º. Xeometría plana e espacial.

2º. Xeometría descritiva.

3º. Sistemas de representación. Ampliación, redución, despezamento de masas.

4º. Vistas, normalización e realización de esbozo. Esbozo e debuxo a man alzada. Medida e acoutamento.

5º. Técnicas gráficas, procedementos e materiais.

6º. O debuxo técnico e a súa aplicación á realización de proxectos propios desta especialidade.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Definir graficamente formas da realidade ou da propia inventiva utilizando con propiedade os sistemas de representación máis adecuados.

2º. Utilizar con destreza e precisión os diferentes materiais e técnicas do debuxo técnico con especial atención á calidade dos acabamentos e á presentación final.

3º. Describir, mediante o debuxo técnico a man alzada, obras escultóricas, previamente ao seu desenvolvemento gráfico definitivo, destacando con claridade aquela información necesaria para a súa posterior reprodución.

4º. Analizar e explicar correctamente a información gráfica dada dun deseño escultórico, utilizando con propiedade a terminoloxía da materia.

3. Volume.

Obxectivos.

1º. Modelar pezas artísticas tridimensionais ben sexa orixinais de propia ideación ou copia de modelos propostos.

2º. Acadar unha visión ordenada e de conxunto dos diferentes factores e etapas na análise, ideación e materialización da forma tridimensional, así como dos métodos de realización, das técnicas de modelaxe, construtivas e de talla.

3º. Analizar pezas tridimensionais desde un punto de vista formal, estrutural e funcional, interpretalas e representalas mediante os procedementos de configuración volumétrica correspondentes.

4º. Manexar a linguaxe da forma volumétrica para concibir obxectos artísticos tridimensionais e configurar maquetas, bosquexos ou prototipos relacionados cos medios de produción artístico-artesanal e ornamental.

5º. Coñecer, seleccionar e utilizar as técnicas, procedementos e materiais máis adecuados aos requirimentos estéticos e funcionais de pezas volumétricas relacionadas coas artes aplicadas e os oficios artísticos da escultura.

6º. Desenvolver interese e sensibilidade pola protección, promoción e crecemento do legado do patrimonio artístico.

Contidos.

1º. Elementos conceptuais e expresivos da linguaxe tridimensional.

2º. Materiais e ferramentas. Clasificación, propiedades, conservación, utilización e mantemento.

3º. Concepto de espazo. A composición: expresividade na ordenación do espazo nos procesos de configuración tridimensional.

4º. A forma na representación tridimensional, a forma no plano: o relevo e a forma exenta.

5º. A realidade como motivo. A forma orgánica. Procesos de análise e abstracción.

6º. A figura humana. Proporcións, expresión e movemento

7º. Técnicas básicas do volume. Modelaxe, talla e construción.

8º. Os procedementos do volume, a súa aplicación á realización de proxectos propios desta especialidade e a súa interrelación cos distintos talleres e disciplinas.

9º. Métodos de translación. Sistemas de reprodución, ampliación, redución e despezamento das masas.

10º. Materiais e técnicas básicas de realización de bosquexos e modelos.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnados para:

1º. Explicar, utilizando con propiedade a terminoloxía propia da materia, as características dos diferentes métodos e técnicas do volume e a súa relación cos materiais utilizados.

2º. Analizar os elementos formais, funcionais e estruturais de pezas tridimensionais e reproducilas fielmente conforme a técnica máis adecuada e as características do material utilizado.

3º. Manexar con competencia profesional as técnicas e os materiais indispensables para o desenvolvemento de obras volumétricas relacionadas coas artes aplicadas da escultura.

4º. Explorar con iniciativa as posibilidades plásticas e expresivas da linguaxe tridimensional e utilizalas de maneira creativa na ideación e realización de obra orixinal e composicións de índole funcional, decorativa e ornamental.

5º. Emitir xuízos de valor argumentados respecto á creación artística propia e allea sobre a base dos seus coñecementos sobre a materia, o seu gusto persoal e sensibilidade.

6º. Concibir e desenvolver proxectos de carácter tridimensional.

4. Historia da escultura.

Obxectivos.

1º. Analizar a escultura na súa dobre vertente técnica e plástica, estudando a súa evolución ao longo do tempo e a súa relación coa cultura e a sociedade de cada etapa histórica.

2º. Analizar e comprender os aspectos formais, conceptuais e técnicos propios da linguaxe escultórica.

3º. Comprender a linguaxe expresiva que caracteriza a produción escultórica de cada época, estilo ou tendencia e a súa relación coas artes aplicadas, a arquitectura e a sociedade do momento en que se produciu.

4º. Valorar argumentadamente realizacións escultóricas de diferentes épocas e estilos, sobre a base dos coñecementos achegados pola materia e ao propio criterio e sensibilidade.

5º. Valorar a propia actividade profesional como produto da evolución dos saberes humanísticos, artísticos e técnicos propios da especialidade.

6º. Desenvolver a sensibilidade e a capacidade do desfrute estético.

Contidos.

1º. A arte tridimensional e as súas diferentes manifestacións. Vulto redondo e relevo. Materiais e técnicas artísticas das obras tridimensionais.

2º. A escultura no mundo antigo: orixes paleolíticas, maxia simpática e nacemento da estética. Do Neolítico ao Ferro, significación do mundo celta.

3º. O próximo oriente e a súa plástica escultórica. Transcendencia da imaxe en Exipto e a súa pervivencia na Europa grecorromana. O dourado e policromía no antigo Exipto.

4º. A proporción e o equilibrio como base da imaxe do clasicismo grego, as conquistas do século IV e a plenitude do século V. Evolución técnica e estética da escultura en Grecia: mármores, bronces e terracotas. Evolución da escultura romana: aspectos formais, técnicos e materiais. O retrato.

5º. Conceptos estéticos e ornamentais do mundo islámico.

6º. A escultura na Idade Media, Deus como fonte inconográfica, o pecado e o inferno na plástica do Románico. A influencia de San Francisco de Asís na escultura e nas artes do gótico.

7º. O Renacemento: recuperación dos valores clásicos. Humanismo e relixión, iconografía da Contrarreforma. Italia e España. Imaxinaría policromada española.

8º. Barroco e Rococó, o sentimento e o drama como bases da escultura. Imaxinaría policromada española.

9º. O retablo do gótico ao neoclasicismo.

10º. Evolución da reixaría española desde o Gótico ao Neoclasicismo.

11º. A revolución industrial e a súa influencia nas artes decorativas, Neoclasicismo e Historicismo. A escultura como recuperación do ideal grecorromano.

12º. Do Modernismo ás Vangardas, cambios ideolóxicos e plásticos. Novos materiais e novos temas na escultura.

13º. A escultura e o deseño en España durante o século XX. Técnica e estética da escultura contemporánea, principais representantes. O século XXI camiño aberto.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Coñecer e identificar as principais realizacións escultóricas e de artes aplicadas encadrándoas no seu momento histórico e relacionándoas co seu contexto histórico e social.

2º. Aprender a iconografía básica como parte integrante da imaxe escultórica das distintas épocas.

3º. Analizar a relación existente entre a escultura e as artes aplicadas e outras manifestacións artísticas do seu contexto temporal.

4º. Diferenciar as técnicas e os materiais escultóricos valorando o traballo artístico e artesanal no seu máis amplo espectro.

5º. Manexar a linguaxe apropiada e os termos artísticos correctos nos comentarios das diversas obras.

6º. Apreciar as obras de arte e emitir xuízos de valor argumentados e xustificados polo seu coñecemento da materia.

5. Aplicacións informáticas.

Obxectivos.

1º. Coñecer e utilizar o material e os equipamentos informáticos.

2º. Coñecer e utilizar os programas informáticos adecuados á práctica profesional da especialidade.

3º. Analizar a presenza actual das novas tecnoloxías na presentación e realización do produto desta familia profesional.

4º. Utilizar os recursos informáticos como instrumentos de ideación, xestión e comunicación do propio traballo.

Contidos.

1º. Introdución á informática.

2º. Dispositivos de entrada e de saída.

3º. Internet. Navegadores, correo electrónico, páxinas web.

4º. Ofimática básica.

5º. Introdución ao deseño asistido por ordenador.

6º. Software de ilustración e deseño.

7º. Introdución á gráfica 3D.

8º. Aplicacións das TIC no traballo proxectual dos obxectos escultóricos.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Valorar argumentadamente a evolución tecnolóxica e a importancia das novas tecnoloxías nos procesos produtivos, industriais e artísticos e especificamente no ámbito da produción escultórica.

2º. Identificar os compoñentes físicos e lóxicos dun sistema informático.

3º. Seleccionar o medio informático axeitado, os seus resultados, alcance e posibles combinacións con outros medios.

4º. Utilizar correctamente as novas tecnoloxías adecuadas en cada unha das fases proxectuais.

6. Formación e orientación laboral.

Obxectivos.

1º. Analizar e interpretar o marco legal do traballo e coñecer os dereitos e obrigas que derivan das relacións laborais.

2º. Coñecer os requisitos e condicionantes legais para organizar e xestionar unha pequena ou mediana empresa, considerando os factores de produción, xurídicos, mercantís e sociolaborais.

3º. Identificar as distintas vías de acceso ao mercado de traballo e á formación permanente, así como coñecer os organismos institucionais, nacionais e comunitarios dedicados a estes fins.

4º. Comprender e aplicar as normas sobre seguridade e hixiene laboral e desenvolver sensibilidade cara á protección ao ambiente, como factores determinantes da calidade de vida.

5º. Valorar as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación, e de menores.

Contidos.

1º. O marco xurídico das relacións laborais. Estatuto dos traballadores e regulación específica. Prestacións da Seguridade Social e desemprego.

2º. Sistemas de acceso ao mundo laboral. O mercado de traballo: estrutura. Técnicas e organismos que facilitan a inserción laboral. Iniciativas para o traballo por conta propia. A formación permanente.

3º. A empresa. Distintos modelos xurídicos de empresas e características. Organización, administración e xestión. Obrigas xurídicas e fiscais.

4º. Conceptos básicos de mercadotecnia. A organización da produción, comercialización e distribución na empresa. Métodos de análise de custos e o control da calidade.

5º. O contrato. Modalidades de contrato de traballo. Dereitos e deberes derivados da relación laboral. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

6º. O empresario individual. Trámites para o inicio da actividade empresarial. Orzamentos, taxacións e facturación de traballos.

7º. Os dereitos de propiedade intelectual e industrial. Rexistro da propiedade intelectual. Entidades de xestión: copyright e copyleft. Propiedade industrial: os modelos e debuxos industriais e artísticos. Rexistro e procedemento rexistral.

8º. Os signos distintivos: marca, rótulo e nome comercial. Transmisibilidade.

9º. Medidas de seguridade e hixiene no traballo aplicables á profesión.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Analizar a lexislación e normativa vixente de aplicación ao mundo laboral e á regulación empresarial en que se integra esta especialidade profesional.

2º. Identificar as fontes e as vías de acceso ao emprego e á formación permanente directamente relacionadas coa profesión.

3º. Saber levar a cabo a actividade empresarial tanto no ámbito individual como societario.

4º. Redactar o plan de creación e organización dun taller artístico e/ou dunha pequena ou mediana empresa no cal se consideren os aspectos xurídicos e sociolaborais correspondentes, os recursos materiais e humanos necesarios, as accións de mercadotecnia, comercialización e distribución dos produtos e os mecanismos de seguridade laboral, ambiental e de prevención de riscos exixidos para iniciar o seu funcionamento.

5º. Realizar correctamente contratos e emitir facturas.

6º. Coñecer as normas sobre seguridade e saúde no traballo e as diferentes técnicas de prevención de riscos laborais.

7º. Coñecer, identificar e aplicar a lexislación sobre dereitos de autor e rexistro de propiedade intelectual e industrial.

8º. Valorar as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar, e para a igualdade efectiva de homes e mulleres.

9º. Valorar o principio de non-discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego, nas condicións de traballo e no desenvolvemento profesional e superar calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

7. Proxectos de escultura aplicada ao espectáculo.

Obxectivos.

1º. Analizar a relación entre deseño e metodoloxía proxectual e seleccionar as metodoloxías máis axeitadas para o deseño e realización de obra orixinal de ambientación escenográfica, ornamental, decorativa ou escultórica, en diferentes materiais, para uso en calquera tipo de espectáculo.

2º. Coñecer e desenvolver correctamente as fases de proxectos de obra escultórica en calquera material.

3º. Investigar e analizar a documentación necesaria para a execución do proxecto no taller.

4º. Materializar proxectos de obra orixinal en todas as súas fases ata a obtención dunha obra final.

5º. Valorar a metodoloxía proxectual como oportunidade de investigación e de expresión artística persoal.

6º. Coñecer e utilizar as técnicas tradicionais e as novas tecnoloxías específicas para escultura de carácter efémero.

7º. Saber aplicar no proxecto os coñecementos adquiridos noutros módulos.

Contidos.

1º. O deseño. Antecedentes. A metodoloxía proxectual. Diferentes tendencias metodolóxicas. Procesos creativos para a xeración de ideas.

2º. Fases do proxecto: información. Condicionantes. Especificacións. Documentación. Toma de datos e análise. Bosquexos gráficos. Croquis. Anteproxecto. Maquetas. Prototipos. Orzamentos. Técnicas e normalización.

3º. Tipos de espectáculos. Características e condicionantes. Aplicacións escultóricas.

4º A materialización do proxecto ata a realización final da obra.

5º. Forma e función: aspectos formais, funcionais e executivos na definición e desenvolvemento de proxectos dados.

6º. A linguaxe gráfico-plástica e comunicación visual na realización e presentación do proxecto. Defensa do proxecto.

7º. Conceptos básicos de antropometría e ergonomía.

8º. Estudo do espazo arquitectónico onde se situará a obra. Percorridos e ambientación da obra.

9º. Concepto de escala e proporción. Aplicación práctica sobre os proxectos.

10º. Investigación sobre procesos de realización. Novos materiais e novas tecnoloxías.

11º. Optimización de recursos.

12º. A organización do traballo en equipo.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Seleccionar e aplicar a metodoloxía proxectual máis adecuada ao deseño de obras orixinais escultóricas en función do material de realización.

2º. Coñecer e usar correctamente a terminoloxía específica.

3º. Solucionar axeitadamente os problemas que xurdan no proceso proxectual utilizando os coñecementos e recursos gráficos, volumétricos, metodolóxicos e técnicos de que dispoña.

4º. Levar a cabo o proceso de elaboración escultórica específica en todas as súas etapas aténdose ás especificacións do proxecto e realizando os controis necesarios para a obtención dun produto final de calidade artística e técnica.

5º. A sensibilidade estética e artística, a imaxinación e a creatividade demostradas no traballo, así como a capacidade de investigar.

6º. A presentación correcta dos proxectos.

7º. A aplicación no proxecto dos coñecementos adquiridos noutros módulos.

8. Materiais e tecnoloxía de escultura aplicada ao espectáculo.

Obxectivos.

1º. Comprender os fundamentos científicos que explican as propiedades xerais dos materiais, as súas magnitudes e os seus sistemas de medidas.

2º. Coñecer as propiedades dos materiais de uso escultórico, especialmente os utilizados no ámbito do espectáculo e para uso efémero. A súa clasificación, e as condicións específicas de aplicabilidade no campo da escultura aplicada ao espectáculo.

3º. Coñecer o uso e as especificacións das ferramentas, útiles, maquinaria e equipamentos empregados nos procesos de realización de proxectos escultóricos relacionados co ámbito do espectáculo.

4º. Valorar e considerar o papel da tecnoloxía para mellorar e innovar no uso de materiais, ferramentas e equipamentos nos procesos de corte, conformado, rematado e protección dos materiais.

5º. Adquirir os coñecementos técnicos necesarios para elixir e optimizar o material e os recursos enerxéticos e tecnolóxicos empregados nos proxectos escultóricos aplicados aos diferentes tipos de espectáculos.

6º. Coñecer os riscos e as medidas de seguridade e hixiene relacionadas co traballo e a manipulación dos materiais de uso escultórico e outros con que se complementen.

Contidos.

1º. Fundamentos científicos: luz, cor, forma.

2º. Clasificación dos materiais. Propiedades xerais e específicas. Magnitudes, unidades, sistemas de medida e probas de ensaio.

3º. Materiais de uso escultórico, soportes naturais e soportes artificiais. Clasificacións e composición. Propiedades xerais e específicas relacionadas co uso escultórico, ornamental e decorativo. Procesos de elaboración.

4º. Materiais auxiliares e complementarios. Acabamentos. Clasificación, tipos, propiedades e características.

5º. Procesos, técnicas e equipamentos de conformado relacionados con cada tipo de material escultórico propio desta especialidade.

6º. Ferramentas, útiles, equipamentos e materiais complementarios e auxiliares relacionados cos procesos de conformado, montaxe e instalación de obras de ambientación escenográfica, ornamentais, decorativas ou escultóricas, en diferentes materiais, para uso en calquera tipo de espectáculo, permanentes e efémeras.

7º. Procedementos de cálculo de dimensións, de masas, e económicos que propicien a optimización do material e dos recursos tecnolóxicos, asociados coa realización dos proxectos escultóricos e ornamentais propios desta especialidade.

8º. Riscos e medidas de seguridade e hixiene relacionadas co uso e a manipulación dos materiais de uso neste sector artístico.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Utilizar con corrección a terminoloxía específica e aplicar, axeitadamente, os principios científicos e os requirimentos técnicos relacionados cos contidos do módulo.

2º. Coñecer e diferenciar os materiais, as súas propiedades e a súa aplicabilidade nun proxecto escultórico ou ornamental relacionado con calquera tipo de espectáculo.

3º. Describir as características máis significativas, o funcionamento e as aplicacións das principais ferramentas e equipamentos que se utilizan nos distintos procesos escultóricos relacionados con espectáculos.

4º. Fundamentar a utilización de materiais e técnicas concretas na realización dun proxecto escultórico ou ornamental relacionado con calquera tipo de espectáculo.

5º. Dimensionar o material de forma adecuada para o seu uso, a forma, a técnica, a situación e o custo do proxecto escultórico ou ornamental que se vai desenvolver.

6º. Adoptar as medidas de seguridade e protección necesarias ao traballar cos materiais pétreos e os equipamentos e ferramentas asociados.

9. Escultura efémera.

Obxectivos.

1º. Coñecer os materiais propios deste ciclo de escultura; os seus valores expresivos, posibilidades e limitacións técnicas e construtivas na creación de elementos tridimensionais.

2º. Saber adaptarse ás condicións e exixencias dos espazos de actuación e intervención artística relacionados co ámbito profesional.

3º. Afondar no estudo e representación das formas naturais: antropomorfas, zoomorfas e vexetais e as artificiais.

4º. Coñecer e saber aplicar os métodos de translación de ideas orixinais ou modelos dados, os sistemas de reprodución, ampliación, redución, articulación, ensamblaxes e outros.

5º. Desenvolver un proceso de traballo ordenado partindo dos coñecementos e proxectos ideados no módulo correspondente a partir das maquetas, bosquexos, esbozos e especificacións técnicas.

6º. Adquirir suficientes recursos técnicos na conxunción de materiais de doada transformación e configuración mediante técnicas mixtas.

7º. Coñecer e saber utilizar a ferramenta e maquinaria necesarias para a realización de obras acabadas.

8º. Comprender a linguaxe escultórica e os recursos específicos que se aplican no ámbito escenográfico: efectos ilusorios, ficticios.

9º. Aplicar os métodos de traballo, así como as técnicas estudadas interrelacionando os coñecementos das diferentes disciplinas.

10º. Desenvolver interese pola protección, promoción e crecemento do legado do patrimonio artístico.

11º. Potenciar métodos de traballo en equipo para o desenvolvemento de determinados proxectos.

12º. Respectar as medidas de seguridade, hixiene e saúde no taller.

Contidos.

1º. Conceptos creativos de talla e construción de pezas tridimensionais de escultura efémera, ben sexa de orixinais de propia ideación ou copia de modelos propostos atendendo principalmente aos seus valores artísticos.

2º. As formas orgánicas e as artificiais aplicadas a configuracións volumétricas. Crecemento, madureza, envellecemento.

3º. Afondar no estudo da figura humana: proporcións, o fragmento e a representación das partes do corpo humano.

4º. O retrato: a expresión do rostro.

5º. Procesos escultóricos fundamentais: adicción, subtracción, construción e técnicas mixtas aplicados ao ámbito da especialidade.

6º. Materiais propios da especialidade de doada transformación e configuración escultórica: poliestireno expandido, escuma de poliuretano, PVC escumado, papel maché, cartón falleiro, outros.

7º. Métodos de translación de modelos: reprodución, ampliación, redución e despezamento de masas. Implicacións do cambio de escala da obra escultórica.

8º. Posibilidades de transformación da aparencia visual, táctil e cromática de materiais aparentemente pobres.

9º. Relación do espazo de situación da obra en relación cos elementos volumétricos.

10º. Procedementos, ferramentas e maquinaria. Novas tecnoloxías específicas en relación coa escultura de carácter efémero.

11º. Texturas e acabamentos superficiais.

12º. Medidas de seguridade, hixiene e saúde no traballo.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Utilizar con axilidade técnica e criterio estético a linguaxe escultórica aplicada á realización de obras de índole funcional ou ornamental do seu campo profesional.

2º. Relacionar con coherencia formal os materiais e técnicas empregados, adecuándose aos aspectos funcionais da obra.

3º. Habilidade e destreza no manexo de ferramentas e maquinaria.

4º. Actitude participativa e creativa na concepción e elaboración de traballos.

5º. Sensibilidade artística, capacidade de expresión e creatividade.

6º. Capacidade crítica e de análise cara a todas as manifestacións artísticas.

7º. Actitude participativa e creativa, interese e esforzo para afrontar e desenvolver os contidos e actividades formulados.

10. Taller de estruturas e montaxes.

Obxectivos.

1º. Identificar e valorar as diferentes técnicas de construción de estruturas en metal e analizar as etapas e procedementos propios de cada unha, e os materiais, ferramentas e útiles correspondentes aos distintos momentos do proceso.

2º. Seleccionar a técnica e os materiais máis adecuados ás características técnicas, funcionais, artísticas e de produción dun proxecto e materializalo atendendo as exixencias de calidade do produto rematado.

3º. Coñecer e identificar os materiais actuais e tradicionais propios deste taller, estudar o seu comportamento e posibilidades plásticas e os tratamentos técnicos que requiren.

4º. Almacenar, conservar e preparar en condicións óptimas de utilización, os materiais propios da súa actividade.

5º. Coñecer, manter e utilizar a maquinaria e os utensilios específicos.

6º. Organizar, planificar e levar a cabo as distintas fases que configuran o proceso construtivo, identificar os problemas que xorden e solucionalos en función da necesaria calidade do produto acabado.

7º. Seleccionar e valorar criticamente as situacións técnicas e de materiais derivadas do avance tecnolóxico e a diversidade artística do mundo do espectáculo, de maneira que lle permitan desenvolver a súa capacidade de autoaprendizaxe co fin de evolucionar adecuadamente neste taller.

8º. Organizar o taller de acordo cos requisitos ergonómicos e funcionais da maquinaria, as instalacións, o espazo e o/a usuario/a, tendo en conta as normativas que regulan a actividade laboral e a seguridade e hixiene no traballo.

Contidos.

1º. Planificación da construción de estruturas en metal. Fase de realización. Análise dos procesos materiais, técnicas, ferramentas e maquinaria.

2º. Materiais, útiles, ferramentas e maquinaria propios na construción de estruturas en metal. Tipos, características, uso, mantemento e normas de seguridade e hixiene.

3º. Sistemas manuais de quentamento de materiais. Tipos, características, uso, mantemento e normas de seguridade e hixiene.

4º. Carpintaría metálica. Tipo, características, uso, mantemento e normas de seguridade e hixiene.

5º. Ferramentas, útiles e patróns de medición. Tipos, características e uso.

6º. Sistemas manuais e industriais de corte. Tipos, características, mantemento e normas de seguridade e hixiene.

7º. Sistemas manuais e industriais de unión e montaxe. Tipos, características, uso, mantemento e normas de seguridade e hixiene.

8º. Experimentación con novos materiais para a construción de estruturas, procedementos técnicos e tecnolóxicos non tradicionais.

9º. Pátinas e elementos protectores. Sistemas de recubrimentos industriais. Tipos, características e uso.

10º. Organización do taller de acordo cos requisitos ergonómicos e funcionais da maquinaria, as instalacións, o espazo e o/a usuario/a, tendo en conta as normativas que regulan a actividade laboral e a seguridade e hixiene no traballo.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Clasificar as técnicas de realización na construción de estruturas en metal e/ou en madeira, describindo as etapas e procedementos propios de cada momento do proceso, indicando os materiais, útiles, ferramentas e maquinaria correspondentes.

2º. Seleccionar a técnica de realización en metal e/ou en madeira máis adecuada ás características técnicas, funcionais e artísticas na construción e montaxe de estruturas volumétricas atendendo ás exixencias de calidade do produto rematado.

3º. Coñecer e realizar con calidade técnica e estética os procesos de realización de obras de construción e montaxe en metal ou/e en madeira levando a cabo os controis adecuados en cada momento da súa execución.

4º. Desenvolver e planificar o proceso de realización das técnicas deste taller na construción e montaxe dunha obra escultórica aplicada a calquera ámbito do espectáculo, indentificando os problemas que xurdan e dándolles solución.

5º. Realizar os labores de organización do taller cumprindo as medidas preventivas e as normas que regulan a actividade laboral e de seguridade e hixiene no traballo, de acordo cos requisitos ergonómicos e funcionais.

11. Taller de baleirado e moldeado.

Obxectivos.

1º. Identificar e valorar as diferentes técnicas de realización de proxectos e procesos de moldeo e reprodución para a obtención de prototipos ou produtos acabados para uso no ámbito do espectáculo e analizar as etapas e procedementos propios de cada unha, e os materiais, ferramentas e útiles correspondentes aos distintos momentos do proceso.

2º. Seleccionar a técnica e os materiais máis adecuados ás características técnicas, funcionais, artísticas e de produción dun proxecto e materializalo atendendo ás exixencias de calidade do produto rematado.

3º. Coñecer e identificar os materiais actuais e tradicionais propios deste taller, estudar o seu comportamento e posibilidades plásticas e os tratamentos técnicos que requiren.

4º. Almacenar, conservar e preparar en condicións óptimas de utilización os materiais propios da súa actividade.

5º. Coñecer, manter e utilizar a maquinaria e os utensilios específicos.

6º. Organizar, planificar e levar a cabo as distintas fases que configuran o proceso construtivo, identificar os problemas que xorden e solucionalos en función da necesaria calidade do produto rematado.

7º. Seleccionar e valorar criticamente as situacións técnicas e de materiais derivadas do avance tecnolóxico e a diversidade artística do mundo do espectáculo, de forma que lle permitan desenvolver a súa capacidade de autoaprendizaxe co fin de evolucionar adecuadamente neste taller.

8º. Organizar o taller de acordo cos requisitos ergonómicos e funcionais da maquinaria, as instalacións, o espazo e o/a usuario/a, tendo en conta as normativas que regulan a actividade laboral e a seguridade e hixiene laboral no traballo.

Contidos.

1º. Organización do taller de baleirado e moldeado. Seguridade e hixiene nas actividades desenvolvidas neste.

2º. Baleirado e moldeado, conceptos fundamentais.

3º. Moldes e reproducións. Clasificación xeral dos moldes atendendo aos distintos materiais e técnicas. Preparación e coidado de ferramenta, útiles e instalacións.

4º. Prototipos, moldes e series.

5º. Reproducións en materiais apropiados para o ámbito do espectáculo atendendo ás características de resistencia, lixeireza e calidade.

6º. Materiais flexibles. Incidencia e uso para a obtención de moldes e reproducións.

7º. Realización de baleirados do natural mediante procesos e materiais de moldeo que posibiliten a obtención de prótese, adornos e dispositivos de aplicación en espectáculos que requiren efectos especiais.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Identificar, diferenciar e explicar inequivocamente e con profesionalidade cada material, proceso e técnica que no taller de moldes e reproducións se realice.

2º. Demostrar habilidade e destreza no manexo de ferramentas e maquinaria, con aplicación das técnicas fundamentais a supostos reais desta disciplina.

3º. Utilizar, con competencia profesional, os materiais específicos do taller, verificando os niveis de calidade.

4º. Aplicar correctamente todos os coñecementos adquiridos no taller de moldeado, tanto o referido a técnicas como a materiais.

5º. Demostrar, a partir dun suposto dado, dominio do proceso técnico máis adecuado para a realización do proxecto, identificando e resolvendo satisfactoriamente as dificultades que xurdan.

6º. Organizar axeitadamente o taller de moldes e reproducións e o traballo que nel se desenvolve sen contravir as normas establecidas sobre riscos laborais e protección do ambiente.

7º. Demostrar limpeza, posta a punto e mantemento de ferramentas, útiles e instalacións co fin de favorecer os labores docentes que no devandito espazo se realizan.

8º. Comprender e explicar os conceptos da área do baleirado, tales como: positivo e negativo, series, ritmos, moldes, composición modular, formas cóncavas e convexas.

12. Taller de acabamentos polícromos.

Obxectivos.

1º. Identificar e valorar as diferentes técnicas de policromado e analizar as etapas e procedementos propios de cada unha, e os materiais, as ferramentas e os útiles correspondentes aos distintos momentos do proceso.

2º. Seleccionar a técnica e os materiais máis adecuados ás características técnicas, funcionais, artísticas e de produción dun proxecto e materializalo atendendo ás exixencias de calidade do produto rematado.

3º. Organizar, planificar e realizar as distintas fases que configuran o proceso produtivo, identificar os problemas e solucionalos en función das necesidades do produto.

4º. Organizar o taller de acordo cos requisitos ergonómicos e funcionais da maquinaria, as instalacións, o espazo e o/a usuario/a, tendo en conta as normativas que regulan a actividade laboral e a seguridade e hixiene no traballo.

Contidos.

1º. Planificación da obra de policromía. Análise de procesos. Fases de realización.

2º. Conceptos básicos da cor. Mesturas, propiedades e simboloxía.

3º. Pigmentos e materias primas. Aglutinantes e disolventes.

4º. Imprimacións, pinturas, lacas e vernices. Colas.

5º. Técnicas tradicionais de policromía e dourado.

6º. Técnicas de acabamentos polícromos graxos, magros, ao alcohol e mixtos.

7º. Técnicas de imitación de materiais e pátinas.

8º. Técnicas decorativas ornamentais.

9º. Outros acabamentos: papeis, téxtiles, plásticos, fibra de vidro. Ocultación dos sistemas de fixación entre elementos: mecánicos e adhesivos.

10º. Medidas de seguridade, hixiene e saúde no traballo.

11º. Coidado do ambiente. Eliminación de residuos.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Seleccionar as técnicas máis adecuadas ás características funcionais e artísticas dunha obra.

2º. Realizar con calidade técnica e estética os procesos polícromos e de acabamento levando a cabo os controis adecuados en cada momento do proceso, identificando os problemas e solucionándoos en función da calidade do produto.

3º. Utilizar correctamente os materiais e ferramentas específicos do taller optimizando o seu uso.

4º. Utilizar adecuadamente a linguaxe cromática aplicada ás composicións tridimensionais que se realicen.

5º. Utilizar correctamente os procedementos, técnicas e materiais na realización das actividades que se programen.

13. Proxecto integrado.

Obxectivos

1º. Propoñer e materializar o proxecto de obra orixinal en todas as súas fases, ata a obtención dunha obra final de calidade técnica, artística e comunicacional.

2º. Desenvolver, mediante a proxectación e realización dunha obra orixinal escultórica, as destrezas profesionais da súa especialidade e as capacidades estéticas e creativas propias.

3º. Desenvolver, mediante a utilización de metodoloxías proxectuais e procesos creativos, a capacidade de resolución de problemas construtivos, funcionais e formais.

4º. Interrelacionar os diferentes contidos teórico-prácticos dos módulos para desenvolver unha obra escultórica do campo das artes aplicadas.

5º. Utilizar métodos de traballo en equipo en colaboración coas demais áreas docentes para desenvolver proxectos interdisciplinares.

Contidos.

1º. A creación de obra orixinal escultórica aplicada. Fases dun proxecto. Condicionantes. Especificacións. Documentación gráfica. Técnicas e normalización. Orzamento.

2º. A materialización do proxecto ata a obtención da obra acabada. Verificación do control de calidade nas diferentes etapas.

3º. A comunicación, presentación e defensa do proxecto.

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do alumnado para:

1º. Idear, desenvolver e expoñer un proxecto factible de obra orixinal escultórica de carácter ornamental ou funcional.

2º. Solucionar os problemas que xurdan no proceso proxectual utilizando os coñecementos e recursos gráficos, plásticos, metodolóxicos e técnicos máis adecuados.

3º. Unificar as diferentes disciplinas impartidas durante o ciclo e os coñecementos técnicos e conceptuais adquiridos.

4º. Levar a cabo o proceso de elaboración das pezas orixinais escultóricas en todas as súas etapas aténdose ás especificacións descritas no proxecto e realizando os controis necesarios para a obtención dunha obra final de calidade artística e técnica.

5º. Presentar o proxecto de obra orixinal escultórica, expoñer oralmente os seus principais puntos e emitir unha valoración persoal técnica e artística sobre este, utilizando correctamente en todo momento a terminoloxía propia.

6º. Mostrar iniciativa, dominio técnico e sentido estético na realización do traballo.

3. Fase de prácticas en empresas, estudios e talleres

1. A fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres ten como obxectivos os seguintes:

1º. Completar a formación académica do alumnado mediante a integración nas rutinas diarias de traballo dunha empresa ou taller artesanal e a realización das funcións profesionais correspondentes ao seu nivel formativo.

2º. Facilitar a toma de contacto dos alumnos e alumnas co mundo do traballo e a incorporación ao sistema de relacións sociais, laborais e técnicas da empresa.

3º. Contrastar os coñecementos, formación e capacitación adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral do sector relacionado coa escultura en metal.

4º. Permitir ao alumnado que, a través do contacto coa empresa, incorpore á súa formación os coñecementos sobre a propia especialidade, a situación e relacións do mercado, as tendencias artísticas e culturais, a organización e coordinación do traballo, a xestión empresarial, as relacións sociolaborais na empresa, etc. necesarios para o inicio da actividade laboral.

5º. Adquirir os coñecementos técnicos de útiles, ferramentas, materiais e maquinaria que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ao alcance do centro educativo.

6º. Participar de forma activa nas fases do proceso de realización de proxectos escultóricos en metal, baixo as orientacións do/da titor/a ou coordinador/a correspondente.

7º. Aplicar os coñecementos, habilidades e destrezas adquiridos durante o período de formación teórica e práctica impartida no centro educativo.

2. O seguimento e a avaliación da fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres corresponderá ao/á titor/a de prácticas designado/a polo centro educativo, quen tomará en consideración o grao de cumprimento dos obxectivos e a valoración que realice a empresa.

ANEXO II
Competencia docente dos/das funcionarios/as pertencentes aos corpos de profesores/as e mestres/as de taller de Artes Plásticas e Deseño para a impartición dos módulos do currículo básico do ciclo formativo de grao superior de Escultura Aplicada ao Espectáculo regulado no presente decreto

A. Corpo de profesorado de Artes Plásticas e Deseño.

Especialidade

Módulo formativo

Debuxo Artístico e Cor

Debuxo artístico

Debuxo Técnico

Debuxo técnico

Historia da Arte

Historia da escultura

Volume

Volume

Proxectos de escultura aplicada ao espectáculo

Proxecto integrado

Escultura efémera

Medios Informáticos

Aplicacións informáticas

Organización Industrial e Lexislación

Formación e orientación laboral

Materiais e Tecnoloxía: Deseño

Materiais e tecnoloxía de escultura aplicada ao espectáculo

B. Corpo de mestres/as de taller de Artes Plásticas e Deseño.

Especialidade

Módulo formativo

Dourado e Policromía

Taller de acabamentos polícromos

Moldes e Reproducións

Taller de baleirado e moldeado

Técnicas do Metal

Taller de estruturas e montaxes

ANEXO III
Relación de módulos que se validan entre os ciclos formativos de grao superior da familia profesional artística de Escultura e o ciclo formativo de grao superior de Escultura Aplicada ao Espectáculo regulado no presente decreto

Familia profesional artística de Escultura

Módulos superados en ciclos formativos de grao superior

Módulos que se validan no ciclo formativo de grao superior de Escultura Aplicada ao Espectáculo

Debuxo artístico

Debuxo artístico

Debuxo técnico

Debuxo técnico

Volume

Volume

Historia da escultura

Historia da escultura

Aplicacións informáticas

Aplicacións informáticas

Taller de baleirado e moldeado (de moldes e reproducións escultóricas)

Taller de baleirado e moldeado

ANEXO IV
Relación de módulos do ciclo formativo de grao superior de Escultura Aplicada ao Espectáculo, regulado no presente decreto, que se validan por módulos de ciclos formativos de grao superior da familia profesional de Artes Aplicadas da Escultura, reguladas no Real decreto 1843/1994, do 9 de setembro

Módulos superados en ciclos formativos de grao superior da familia profesional de Artes Aplicadas da Escultura, regulada polo Real decreto 1843/1994, do 9 de setembro

Módulos que se validan no ciclo formativo de grao superior de Escultura Aplicada ao Espectáculo

Xeometría descritiva

Debuxo técnico

Volume e proxectos

Volume

Historia das artes aplicadas da escultura

Historia da escultura

ANEXO V
Relación de módulos do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Escultura Aplicada ao Espectáculo, regulado neste decreto, que se recoñecerán pola superación de módulos cursados segundo o currículo establecido polo Decreto 122/2002,
do 7 de marzo

Módulos superados no ciclo formativo de grao superior de Artes Aplicadas da Escultura, cursado segundo o plan de estudos establecido polo Decreto 122/2002, do 7 de marzo

Curso(s)

Módulos do ciclo formativo de grao superior de Escultura Aplicada ao Espectáculo que se recoñecerán

Curso(s)

ECTS recoñecidos

Debuxo artístico e cor

Debuxo artístico

8

Xeometría descritiva

Debuxo técnico

6

Volume e proxectos

Volume

12

Volume e proxectos

Historia das artes aplicadas da escultura

Historia da escultura

6

Deseño asistido por ordenador

Aplicacións informáticas

6

Formación e orientación laboral

Formación e orientación laboral

4

Taller de baleirado e moldeado artísticos

Taller de baleirado e moldeado

10

ANEXO VI
Relación de módulos que poderán ser obxecto de exención
por correspondencia coa práctica laboral

– Formación e orientación laboral.

– Taller de baleirado e moldeado.

– Taller de estruturas e montaxes.

– Taller de acabamentos polícromos.