Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47967

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do servizo de xestión do programa Vigo en Inglés 2018.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº expediente: 19.872-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión, organización e desenvolvemento do programa municipal de inmersión lingüística mediante integración escolar en período lectivo nun High School Vigo en Inglés 2018 para a mellora da competencia lingüïstica en inglés de estudantes de 4º da ESO matriculados en centros educativos de Vigo sustentados con fondos públicos.

Lugar de execución: Vigo e High Schools e familias de acollida de Inglaterra.

Prazo de execución: 2 anos. Prórroga: dúas prórrogas, a primeira dun ano de duración e a segunda por un período máximo de 9 meses, debendo finalizar o contrato o día 31 de decembro de 2021.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 3.528.000,00 euros (contrato exento de IVE).

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ó prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato coas seguintes particularidades:

– Os servizos ou traballos realizados nos cinco últimos anos deberán consistir necesariamente na prestación de programas de inmersión e integración lingüística en centros escolares estranxeiros en período lectivo escolar, similares ao que é obxecto deste contrato.

– Os licitadores deberán presentar documentación demostrativa de que os centros escolares de destino ou High Schools en Inglaterra propostos están autorizados e recoñecidos polos organismos oficiais competentes de cada país, e acreditar fidedignamente que estarán a disposición do licitador no caso de resultar adxudicatario. A dita documentación, para os efectos de poder ser valorada, deberá ser achegada polo licitador, acompañada dunha tradución literal e fidedigna do seu contido.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o 31 de outubro de 2017.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 19 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación