Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47965

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión do servizo de axuda a domicilio para persoas dependentes.

De conformidade co acordado en sesión plenaria do 20 de setembro de 2017, por medio deste anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de xestión do servizo de axuda a domicilio para persoas dependentes do concello de Verín.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Verín.

2. Obxecto: xestión do servizo de axuda a domicilio para persoas dependentes.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación:

O prezo/hora máximo de licitación é de 13,1730769 € máis 0,5269230 € de IVE, o que supón un total de 13,70 €/hora.

O valor estimado do contrato para o primeiro ano ascendería a 687.698,90 € (661.248,94 € máis 26.449,96 € de IVE).

5. Garantía provisional: excluída.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Verín; praza do Concello, s/n, Verín; CP 32600. Teléfono: 988 41 00 00; fax: 988 41 19 00. Data límite de obtención de documentos e información: ata o día anterior ao de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Data límite de presentación de proposicións: 52 días naturais contados desde a data de remisión do anuncio de licitación ao DOUE. Último día de presentación de ofertas: 13.11.2017.

Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.9.2017.

8. Apertura das proposicións: comunicarase con 24 horas de antelación.

9. Requisitos específicos do contratista: exíxese que se prestase, como mínimo, un contrato de características similares nos últimos cinco anos e en, polo menos, tres municipios.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: http://verin.sedelectronica.gal

Verín, 20 de setembro de 2017

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde