Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47952

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO para a contratación, mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación, do servizo de asistencia xurídica e defensa xudicial.

Faise público que mediante o Decreto da Alcaldía 2017-0711, do 11 de setembro de 2017, se aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas que rexerá a contratación, mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación, do servizo de asistencia xurídica e defensa xudicial do Concello de Cervo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cervo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría/Intervención.

c) Domicilio: praza do Concello, s/n.

d) Localidade e código postal: Cervo (Lugo) 27891.

e) Teléfono: 982 55 77 77.

f) Fax: 982 55 77 29.

g) Enderezo da internet do perfil contratante: www.concellodecervo.com

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: o obxecto do contrato é a execución do servizo de asesoramento xurídico e defensa xudicial do Concello de Cervo, que se deberá prestar nas condicións que rexen a presente contratación e as demais condicións que oferte o adxudicatario, as cales se integrarán e formarán parte do contido obrigacional do contrato.

c) Duración do contrato: o prazo total de execución da prestación obxecto do contrato será de dous (2) anos contados desde a data da súa formalización, que se poderá prorrogar anualmente por un máximo de dous (2) anos, por mutuo acordo das partes.

d) CPV: 79100000-8 Servizos de asistencia e representación xurídica.

e) NUTS: ES112.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

– Criterios avaliables automaticamente:

• Días ao mes de asistencia persoal no Concello: 12 puntos.

• Redución do prezo: 40 puntos.

– Criterios cuxa ponderación dependa dun xuízo de valor:

• Equipo: 8 puntos.

• Sistema de organización do traballo: 16 puntos.

• Sistema de control de calidade do traballo ofrecido: 8 puntos.

• Melloras: 16 puntos.

4. Orzamento e valor estimado do contrato.

O orzamento do contrato, polos dous anos, será de sesenta e sete mil douscentos euros (67.200 €) máis catorce mil cento doce euros (14.112 €) correspondentes ao imposto sobre o valor engadido (en diante, IVE), cantidade que poderá ser mellorada nas súas ofertas polos licitadores.

O valor estimado do contrato ascende a cento trinta e catro mil catrocentos euros (134.400 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 por 100 do importe de adxudicación, sen incluír o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

Non será exixible a clasificación do contratista.

A capacidade e solvencia do empresario será a exixida no prego de cláusulas administrativas na cláusula 5.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: as ofertas presentaranse no Concello, en horario de atención ao público, dentro do prazo de vinte e seis días (26) naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia, no perfil do contratante e no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Cervo.

Domicilio: praza do Concello, s/n.

Localidade e código postal: Cervo (Lugo) 27891.

Fax: 982 55 77 29.

c) Modalidade de presentación: as proposicións poderanse presentar por correo, telefax ou polos medios electrónicos, informáticos e telemáticos, en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), tendo en conta o disposto na disposición transitoria segunda da dita norma legal.

Cando as proposicións se envíen por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante comunicación telegráfica, fax ou telefax o mesmo día da presentación. Sen a concorrencia de ambos os dous requisitos non será admitida a oferta. Non obstante, transcorridos dez (10) días naturais desde a data de comunicación referida sen recibir a comunicación, esta non será admitida.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do contratista adxudicatario.

Cervo, 14 de setembro de 2017

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde