Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48034

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2017 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia convocadas pola Resolución do 23 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 107, do 7 de xuño).

Por Resolución da Axencia Galega de Innovación do 23 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 107, do 7 de xuño) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

No seu artigo 12 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concreten o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 10.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 27 de setembro de 2017 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 23 de maio de 2017, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a continuación se relacionan polos importes que se indican:

Expediente administrativo

Entidade beneficiaria

Acrónimo

NIF

Importe da axuda (€)

IN845A-1

Fundación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial

CETIM

G70302427

50.725,71

IN845A-2

Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Industria de Automoción de Galicia

CTAG

G36871424

481.371,75

IN845A-3

Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca

Anfaco - Cecopesca

G36625309

293.163,29

IN845A-4

Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste-Centro Tecnolóxico Aimen

Aimen

G36606291

442.741,16

IN845A-5

Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética

Energylab

G27719913

87.664,45

IN845A-6

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

Gradiant

G36997229

373.105,32

IN845A-7

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia

ITG

G15305923

137.329,16

IN845A-8

Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga

Cetaqua

G70312020

5.899,16

2. O importe total das axudas concedidas é dun millón oitocentos setenta e dous mil euros (1.872.000,00), con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Importe

09.A3.561A.781.0

1.872.000,00

Total

1.872.000,00

3. Estas axudas están financiadas con cargo ao préstamo que a Administración xeral do Estado concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía e Industria para o desenvolvemento en Galicia da Estratexia española de innovación (actuación 1).

4. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no seu artigo 20.

5. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación