Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48812

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidades de Chinés (592004) e Xaponés (592013); no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de Viola da Gamba (594432), e no corpo de profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de Deseño de Moda (595510).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 191, do 6 de outubro de 2017, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páx. 47214, na especialidade Deseño de Moda (595510):

Onde di:

«1. Título superior de Deseño, na especialidade de Moda, cursado conforme o plan de estudos establecido polo Real decreto 633/2010, do 14 de maio (BOE do 5 de xuño) ou título declarado equivalente».

Debe dicir:

«1. Título superior de Deseño, na especialidade de Moda, cursado conforme o plan de estudos establecido polo Real decreto 633/2010, do 14 de maio (BOE do 5 de xuño), ou título declarado equivalente, ou grao universitario en Deseño de Moda».