Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 2 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a titulares descoñecidos ou de enderezo ingnorado a urxente ocupación de terreos afectados polo trazado da liña eléctrica Reforma da LMT SCV809 polígono Barreiros, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) (expediente IN407A 2017/28-3).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio na Batundeira, 2, 32960 Velle, formulou a solicitude de declaración de utilidade pública de instalación eléctrica de referencia, para os efectos previstos nos artigos 55 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co procedemento previsto no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

De outorgarse a declaración de utilidade pública solicitada, ésta levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, polo que, de non chegar antes a mutuos acordos entre as partes, se iniciará o proceso expropiatorio co levantamento das actas previas á ocupación e proseguirase co trámite de determinación do prezo xusto e pagamento da cantidade que acorde o Xurado Provincial de Expropiación.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados que se relacionan no anexo, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Os afectados poderán presentar por escrito, en duplicado exemplar e no prazo de vinte (20) días, os datos oportunos para rectificar posibles erros e formular as alegacións que coiden oportunas en razón do disposto no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, onde se fixan as limitacións á constitución de servidume de paso de liñas electricas.

Ourense, 2 de outubro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Expediente nº 2017/28.

Concello: San Cibrao das Viñas.

Provincia: Ourense.

LMT. SCV809-polígono Barreiros.

Nº predio

Pol.

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos
Enderezo

Apoios

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

19

6

208

Rodeiro

M. baixo

Descoñecido

Rta. Ministerio Fiscal

  9

1

21

   358

31

6

210

Rodeiro

M. baixo

Hrdos. Secundino Docampo Ansias

Domicilio descoñecido

Rta. Ministerio Fiscal

11

2

70

1.012

33

7

204

Escobanas

M. baixo

Descoñecido

Rta. Ministerio Fiscal

  0

     20