Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: rúa Virgen de la Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.
Denominación: LMT, CT O Sesteiro.
Situación: Mondariz.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 480 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación (CT) proxectado O Sesteiro e final no CT existente O Nogal. Centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no Sesteiro (Mondariz). Entrada e saída das liñas principais nº 2 e nº 4 (30 x 2 + 30 x 2 metros) no CT proxectado O Sesteiro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 13 de setembro de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra