Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2017/46-2, 8518 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa Ramón Mª Aller Ulloa, nº 9.

Denominación: soterramento da LMT Viveiro 3 entre CT 5428 Albergue e CT 786 Area Elevador.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 530 m, con orixe no 5428 Albergue, condutor tipo RHZ1 240, e final no CT 786 Area Elevador.

2. Para dar continuidade á LMT que provén do CT El Millón levarase a cabo un empalme nas proximidades no CT Albergue, na arqueta denominada no plano 4 do proxecto como punto 1, desde a cal se proxecta condutor tipo RHZ1 240 ata a cela de liña existente no CT Albergue, cunha lonxitude de 100 m.

3. Desmontaxe da LMT aérea existente, integrada por 1.400 m de condutor LA-56, dous apoios de formigón e dous apoios metálicos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 2 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo