Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2017/49-2, 8521 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa Ramón Mª Aller Ulloa, nº 9.

Denominación: soterramento da LMT Aluminio entre CT 786 Area Elevador e CT 10418 Area Abaixo.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 665 m, con orixe no apoio AP-100 da LMT Aluminio-derivación a CT 786 Area Elevador, condutor tipo RHZ1 240 e final no CT 786 CT Area Elevador e no CT Area Abaixo.

2. Desmontaxe da LMT aérea existente, integrada por 1.560 m de condutor tipo LA-56, dous apoios de formigón e dous apoios metálicos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 2 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo