Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49374

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (ETX 6/2015).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 6/2015 deste tribunal, seguido por instancia de Jesús Manuel Couselo Ferro, Javier Rego López, Manuel Mariño López, Miguel Alende Nogueira, José Ramón Morono García, José Manuel Alvarellos Regueiro, Raúl Ramón Buján Olveira, Manuel Castro Vázquez, Javier Couselo Bustelo, Manuel Lorenzo Turnes, Juan Antonio Regueiro Carreira, José Regueiro Rodríguez, Juan Carlos Rodríguez Mallo, Antonio Senín Garabal, Narciso Tourís Otero, Roberto Blanco García, Óscar Rúa García contra Fogasa, Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Marcelino Fernández Rodríguez, José Luis Fernández Rodríguez, Talleres Fernández Coruña, SL., Compostela Concesionario, S.L. Unipersonal, Compostela Automotriz, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L., Asesoría Global Automoción, S.L., Compostela Car Service, S.L., Queenspark Invest, S.L.U., sobre conflito colectivo, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación letrada da Administración de xustiza Mª Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 1 de setembro de 2017

Presentouse escrito polos executantes solicitando a ampliación da execución fronte ás empresas Compostela Cars Service, S.L., e Queens Park Invest, S.L.U., alegando sucesión das empresas condenadas na presente execución. Acórdase citar de comparecencia ante esta sala a todas as partes da presente execución e ás empresas fronte ás que se pide a ampliación para o próximo 19.10.2017, ás 11.00 horas, que deberán alegar e achegar todos os medios de proba de que intenten valerse.

En canto á proba de interrogatorio solicitada pásase a dar conta ao maxistrado relator.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que deberá expresar a infracción que a xuízo do recorrente se cometese na resolución impugnada debendo interpoñer o recurso no prazo de cinco días seguintes á súa notificación, sen que a mera interposición suspenda a executividade da resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Marcelino Fernández Nieves e a Pablo Luis Fernández Nieves, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza