Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49381

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1063/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1063/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Armando Guevara contra mesón restaurante La Gavia, Fogasa, sobre procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jesús Armando Guevara contra a entidade mesón restaurante La Gavia e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade mesón restaurante La Gavia a que lle aboe ao demandante a cantidade de 859,69 euros brutos por salarios percibidos durante a súa relación laboral (con inclusión de parte proporcional das pagas extras), e a compensación económica das vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial. Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ao mesón restaurante La Gavia, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 3 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza