Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1028/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1028/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guillermo Antonio Iorio contra Abeiradaría, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Guillermo Antonio Iorio contra a entidade Abeiradaría, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Abeiradaría, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.721,95 € líquidos por salarios percibidos en agosto e setembro de 2016, e a compensación económica das vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste Xulgado do Social número 5 da Coruña, Pilar Carreira Vidal».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Abeiradaría, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza