Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49378

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (588/2016-N).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza do 14 de marzo de 2017, do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrado Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: catorce de marzo de dous mil dezasete.

Demandante: Avelina Medela González.

Avogado: Juan Manuel Adrio Neira.

Procurador: Jorge Ignacio Freire Rodríguez.

Demandado: José Simón Carrera Reguera.

Procedemento: xuízo verbal 588/2016-N (ETS).

Decido que, estimando a demanda promovida polo procurador Jorge Freire Rodríguez, en nome e representación de Avelina Medela González, fronte a José Simón Carrera Regueira, debo condenar e condeno a este a aboarlle a cantidade de 5.244 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da súa interposición, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC). Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente. O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander na conta deste expediente ES5500493569920005001274, e sinalar no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Simón Carrera Reguera, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 5 de abril de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza