Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49486

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información sobre recurso contencioso-administrativo.

Sendo iniciados procedementos relacionados co RC-A 234/2017, procedemento abreviado, por Luis Alonso Simón e outros, que se está a tramitar ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, así como co RC-A 252/2017, procedemento abreviado, por Mª Jesús Antunes Varela, que se está a tramitar ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, contra a resolución da Xunta de Goberno Local do 1.6.2017 sobre reclamacións ás prazas de policía local pola quenda libre, OEP 2010-2011, mediante este anuncio, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse os posibles interesados que desexen comparecer no proceso indicado.

Vigo, 16 de outubro de 2017

O alcalde
P.D. (decretos e acordos do 19.6.2015 e 30.12.2016)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal