Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de protección e de infraestruturas e dotacións do predio Altos de Torona, en Tomiño.

Mediante o Acordo do Pleno do 5 de outubro de 2017, en sesión ordinaria, aprobouse definitivamente o Plan especial de protección do predio Altos de Torona, en Tomiño, o que se publica para os efectos dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do seu regulamento. O acordo literal é o seguinte:

• «Aprobar definitivamente o Plan especial de protección do Plan especial Altos de Torona, vista a tramitación do citado Plan, e o informe favorable á súa aprobación antes recollido, para o cal é necesario o quórum da maioría absoluta dos membros desta corporación.

• Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

• Igualmente, publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas do Plan especial no Boletín Oficial da provincia.

• Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, e achegar un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado».

Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello www.tomino.gal.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno.

Tomiño, 18 de outubro de 2017

Sandra González Álvarez
Alcaldesa