Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49482

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no sector 1 do polígono industrial Monte do Cristo.

Aprobado inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Portomarín no sector 1 do polígono industrial Monte do Cristo, por acordo do pleno do 13 de outubro de 2017, de conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 2 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, acordouse suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de plan cuxas novas determinacións supoñen a modificación da ordenación urbanística vixente. A suspensión determinada pola aprobación inicial terá unha duración máxima de dous anos contados desde a devandita aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan.

Non obstante, a suspensión de licenzas non afectará as comunicacións previas de obra menor relativas a mera conservación e as necesarias para o mantemento do uso prexistente que, se é o caso, se outorgarán sen dereito a indemnización e sen prexuízo da obtención doutras autorizacións.

Así mesmo, acordouse suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento coas novas determinacións que supoñan a modificación de ordenación urbanística vixente. Non obstante, poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente, sempre que respecten as determinacións do novo planeamento de conformidade co previsto no artigo 120 do Regulamento de planeamento. A duración máxima da suspensión é de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Non obstante, a suspensión de licenzas non afectará as comunicacións previas de obra menor relativas a mera conservación e as necesarias para o mantemento do uso prexistente que, se é o caso, se outorgarán sen dereito a indemnización e sen prexuízo da obtención doutras autorizacións.

Portomarín, 18 de outubro de 2017

Juan Carlos Serrano López
Alcalde