Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (514/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 514/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel González Martínez contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 514/2017.

A Coruña, 27 de setembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 514/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Jesús Manuel González Martínez, representado pola letrada Catherine Rodríguez Martínez, contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e Fogasa, que non comparecen, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Jesús Manuel González Martínez e condeno a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. a lle aboar ao demandante a cantidade de 1.459,13 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza