Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (485/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 485/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Frade Cagide contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade nº 485/2015

Demandante: Miguel Frade Cagide

Letrado: Sr. Pérez López

Demandada: Falcón Contratas y Seguridad, S.A.

Letrado:

Fogasa

Letrada:

Sentenza nº 510/2017.

A Coruña, 27 de setembro de 2017.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Miguel Frade Cagide fronte á empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e, en consecuencia:

a) Condeno a esta a aboar ao primeiro a suma total de 2.293,70 euros brutos en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

b) Impóñenselle as custas deste procedemento á empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A. ata o límite de 600 euros, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante.

c) O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución e a súa eventual responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza