Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 145/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 145/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Manuel Roca Vilariño contra Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Mutua Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tafiber, Tableros de Fibra Ibéricos, S.L. e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 13 de setembro de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de seguridade social relativos a determinación de continxencia con número 145/2015, seguidos ante este xulgado por instancia de Sergio Manuel Roca Vilariño, asistido da letrada Mar García Pombo, contra o INSS e a TXSS, representados pola letrada Belén Guerra Díaz, Mutua Fremap, representada pola letrada Mª de los Ángeles Gómez Lage e contra Tabifer Tableros de Fibra Ibéricos, S.L., que non comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Sergio Manuel Roca Vilariño contra o INSS e a TXSS, Mutua Fremap e Tabifer Tableros de Fibra Ibéricos, S.L. e declaro o carácter de accidente de traballo da continxencia determinante do proceso de IT iniciado o 1 de novembro de 2014, e condeno a Mutua Fremap a aboarlle ao demandante a prestación correspondente.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Tafiber, Tableros de Fibra Ibéricos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza