Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49827

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación con procedemento aberto para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da execución da obra número 105/16/2017, de reparación, mediante tratamento de pintura, de catro plantas de transferencia de residuos sólidos urbanos (Muíños, Verín, Viana do Bolo e Beade).

No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra de reparación, mediante tratamento de pintura, de catro plantas de transferencia de residuos sólidos urbanos (Muíños, Verín, Viana do Bolo e Beade) da Deputación Provincial de Ourense (nº 105/16/2017), cun tipo de licitación de 79.888,53 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria, á cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderanse formular telefonicamente ao Servizo de Contratación (988 31 75 48).

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 10 de outubro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provinical de Ourense