Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da corporación do Concello de Ponteceso, en sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de setembro de 2017, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Ponteceso, o que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 83.5 e no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), durante o prazo de dous meses, contados desde a publicación do correspondente anuncio no DOG, prazo durante o cal o expediente poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais e se poderán formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, conforme o artigo 47.2 da LSG.

Ponteceso, 2 de outubro de 2017

Xosé Lois García Carballido
Alcalde