Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de devolución de ingreso (expediente RL 2010/0270-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución de devolución da cantidade de 3.000 €.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial do Estado (BOE), para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Nº de expediente: RL 2010/0270-4.

Acta: I362010000080876.

Empresa: Comsa, S.A.

NIF: A-08031098.

Data da resolución: 7.7.2017.

Resolución: que a empresa Comsa, S.A. ten dereito á devolución da cantidade de 3.000 €.

Contra esta resolución pódese interpoñer un recurso de alzada ou potestativamente un recurso de reposición, de conformidade cos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo máximo dun mes.

Vigo, 16 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra