Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50056

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (611/2016).

Procedemento ordinario 611/2016

Sobre ordinario

Demandante: Amancio Poza Fernández

Avogada: Sabela Iglesias Domínguez

Demandados: Viajes Silgar, S.A., Juan Ramiro Agra Requeijo, Enrique Martínez Núñez, Servicios Integrales Dos Andando, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Residencia de Mayores 2013, S.L., Nurtime, S.L.U., Yanik Vigo, S.L.

Avogado/a: Juan Ramiro Agra Requeijo, letrado do Fogasa

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento 611/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amancio Poza Fernández contra a empresa Yanik Vigo, S.L. e outros, ditouse sentenza o 8.6.2017, cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede do xulgado.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65, ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a Yanik Vigo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza