Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2017 Páx. 50019

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2017 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende).

Mediante a Resolución do 30 de marzo de 2017 (DOG núm. 73, do 17 de abril) publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2017 en réxime de concorrencia competitiva.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras, están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á segunda convocatoria destas axudas (2017.2).

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que carecen dalgún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas, correspondentes á segunda convocatoria das axudas do Igape para novos emprendedores (2017.2), que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Habilitar un prazo de dez (10) días naturais para que os requiridos accedan á Oficina Virtual do Igape desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición do requirimento sen que se aceda ao seu contido.

No suposto de que o solicitante sexa unha persoa física e non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, poderá dirixirse ás oficinas centrais do Igape en Santiago de Compostela ou a calquera das súas oficinas territoriais, para que lle presten asistencia e medios para descargar o seu requirimento individualizado.

Terceiro. Establécese un prazo de dez días hábiles para achegar a documentación sinalada, contados a partir do día hábil seguinte ao acceso ao requirimento individualizado, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición no caso de non acceder ao seu contido.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, terase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Solicitudes de axuda da convocatoria 2017.2 suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG107.2017.2.1

Torregal Hermanos 1945, S.L.

B27795814

IG107.2017.2.2

Lamas Novo, José Antonio

33539546A

IG107.2017.2.3

Marcem Consultores, S.L.U.

B27846427

IG107.2017.2.4

Tecnopole Sport, S.L.

B32482416

IG107.2017.2.5

Rozas Portela, Mónica

76573380D

IG107.2017.2.7

Aerial Works, S.L.

B70432752

IG107.2017.2.8

Brantuas Calvo, Francisco

45906363L

IG107.2017.2.9

Fernández González, Alfonso

35573060H

IG107.2017.2.10

Buján Vázquez, Yolanda

33557523V

IG107.2017.2.11

Mafo Fitness, S.L.

B70528120

IG107.2017.2.12

De Matos Fernández, Miguel

09808092H

IG107.2017.2.15

Pedre Monteiro, José Luis

32717007J

IG107.2017.2.16

Bande Grande, Bruno

44480130Q

IG107.2017.2.17

Sanz Roibás, María

53303919Q

IG107.2017.2.22

Rodríguez Novo, Pablo

77003155Y

IG107.2017.2.24

Delta Solutions Consulting, S.L.

B94127362

IG107.2017.2.25

Rueda Rincón, Valeria

49711092L

IG107.2017.2.26

Almeida Fernández, Arturo

36091436C

IG107.2017.2.27

Prototipado y Mecanizados de Galicia, S.L.

B27829431

IG107.2017.2.28

Gallaecia Delicatessen, S.L.

B27493774

IG107.2017.2.29

Figueroa Fernández, Alejandro

35578122C

IG107.2017.2.31

Panadería y Pastelería Le Glace, S.L.

B70532783

IG107.2017.2.32

Novoa Arroyo, Patricia

47314691B

IG107.2017.2.33

Rodríguez Álvarez, Isabel

44497490B

IG107.2017.2.34

Torres Gómez, Antonio

35463750G

IG107.2017.2.35

Galaicus Fintech, S.L. (en constitución)

CFIC103455

IG107.2017.2.36

Martínez Martínez, Consuelo

36104364E

IG107.2017.2.37

Navasdontos, S.L.P.

B94161460

IG107.2017.2.38

Hermelo Lemos, Xoel

73241827Y

IG107.2017.2.40

Iglesias Ferradas, Laura

76817585T

IG107.2017.2.41

Rodex Wire, S.L.

B94159258

IG107.2017.2.42

Giráldez Ramiro, Lucía

39464623G

IG107.2017.2.43

Juncal Crujeiras, María Consuelo

52491959W

IG107.2017.2.44

Cárnicas Marenor, S.L.L.

B27482967

IG107.2017.2.45

Flores Pantoja, Simeón

32916376H

IG107.2017.2.46

Interius Ponteveda, S.L.

B94152386

IG107.2017.2.47

Cabido de Jesús, S.L.

B27848621

IG107.2017.2.49

Automotive, Soc. Coop. Galega. Xuvenil.

CFIC104366

IG107.2017.2.50

Entrepanas, S.L.L.

CFIC104354

IG107.2017.2.51

Electromecánica Cambeiro Motorsport, Soc. Coop. Galega.

F27842970

IG107.2017.2.52

Yolnaturest, S.L.L.

CFIC104367

IG107.2017.2.54

Villamel Baliñas, Yasmina

35483175V

IG107.2017.2.55

Fernández Mouriño, Verónica

52881947W

IG107.2017.2.56

Goncalves Faria, Lilia

X7870309P

IG107.2017.2.57

Nombre de la Empresa, S.A. (en constitución)

B27484971

IG107.2017.2.58

Bussiness Globalchan, S.L.

B70519202

IG107.2017.2.59

Protomeca Gears, S.L.U.

B70523782

IG107.2017.2.60

Distribuciones Agis y Martínez, S.L.

B94144409