Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete á participación pública o documento base do Plan de conservación do espazo natural de interese local Praia América-Panxón, pertencente ao Concello de Nigrán.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán por que se informe o público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Dentro das materias sobre as cales as administracións públicas deben asegurar que se observen as garantías en materia de participación, atópase a de conservación da natureza e da diversidade biolóxica, segundo o artigo 18 da Lei 27/2006, do 18 de xullo.

Unha vez iniciado o procedemento para a elaboración do Plan de conservación do espazo natural de interese local Praia América-Panxón e do anteproxecto de decreto polo que se aproba o devandito plan,

ACORDO:

Primeiro. Someter á consulta pública, por un prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o documento base do Plan de conservación do espazo natural de interese local Praia América-Panxón.

Segundo. Durante o citado prazo poderase consultar o texto do documento base do Plan de conservación na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e entrar na subsección de documentos en información pública do portal de Conservación da Natureza: http://cmaot.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Conservacion.

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

• Preferentemente mediante correo electrónico ao seguinte enderezo:

planificacion.conservacion@xunta.gal, poñendo no asunto «Plan de conservación do ENIL Praia América-Panxón».

• Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Dirección Xeral do Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural