Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 3 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación dunha resolución de extinción da autorización de instalación e localización.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do expediente de extinción da autorización de instalación e localización para máquinas tipo A especial e B, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, situado na avenida da Habana, núm. 79-2º (Ourense), para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Ourense, 3 de outubro de 2017

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: EAIL 20/17.

Interesada: Constantino Pérez Expósito, S.L.

NIF: B36638815.

Último enderezo coñecido: avda. Gregorio Espino, nº 62, Vigo.

Data de resolución: 24.8.2017.

Resolución: extinción da autorización de instalación e localización HO0000342.