Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50515

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 15/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 15/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Rodríguez Alonso contra Lege 2013 Consultores, S.L.U., Worten España Distribución, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2017.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 15/2017 sobre despedimento, seguidos por instancia de Javier Rodríguez Alonso, asistido polo letrado Pedro Lobeiras, contra a empresa Lege 2013 Consultores, S.L.U., a cal non comparece pese a estar legalmente citada, e contra Worten España Distribución, S.L., representada e asistida polo letrado José Antonio Iglesias Puerto.

Resolución

Estímase parcialmente a demanda interposta por Javier Rodríguez Alonso contra a empresa Lege 2013 Consultores, S.L.U. e declárase a improcedencia do despedimento con efectos do 15 de decembro de 2016, e debo condenar e condeno a demandada Lege 2013 Consultores, S.L. a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 19,13 euros diarios ou ben, a elección da demandada, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante da indemnización de 1.367,48 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese prazo sen optar, entenderase que procede a readmisión.

Absólvese a entidade Worten España Distribución, S.L. de todos os pedimentos.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lege 2013 Consultores, en ignorado paradoiro, expido este anuncio para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza