Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Navia de Suarna (expediente IN407A 2017/17-2, 8485 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle,Ourense.

Denominación: RBT Penedo (CT Vilarín).

Situación: concello de Navia de Suarna.

Características técnicas:

1. Adecuación e mellora da rede de baixa tensión que parte do centro de transformación de Vilarín para o lugar de Penedo, na cal se proxecta a nova saída de baixa tensión do CT Vilarín en substitución da existente, en condutor RZ/0,6/1 kV-3×95 Al+54,6 Alm, que alcanza a celosía metálica de tipo C-1000-12, proxectada no nodo B. Desde esta celosía repártese a RBT, téndese, por unha parte, un novo van de condutor RZ/0,6/1 kV-3×95 Al+54,6 Alm, para a celosía proxectada (C-1000-12) no nodo C, onde se entronca coa RBT existente para o lugar de Vilarín, e téndese, por outra parte, novo van de condutor RZ/0,6/1 kV-3×50 Al+54,6 Alm, para a celosía proxectada, de tipo C-1000-12, situada no nodo D, na cal se proxecta un autotransformador elevador de tensión (50 kVA), de relación de transformación 400-230/960 V. Á saída deste autotransformador elevador téndese novo van de condutor de tipo RZ/0,6/1 kV-3×50 Al+54,6 Alm para a celosía metálica de tipo C-1000-12, intercalada, no nodo E, onde se entronca coa RBT existente para Penedo. No nodo H desta RBT proxéctase un transformador redutor de tensión (50 kVA), de relación de transformación 960/400-230 V, instalado sobre apoio de formigón proxectado de tipo HV-1000-11, desde o cal se prevé o tendido de novo condutor de tipo RZ/0,6/1 kV-3×25 Al+54,6 Alm para os nodos G e I, proxectando neste último a colocación dun apoio de formigón de tipo HV-630-11.

2. A instalación proxectada supón, por tanto, a instalación de 4 celosías metálicas, unha delas albergará o autotransformador elevador; 2 apoios de formigón, nun deles instalarase o transformador redutor; e 231 m de condutor illado trenzado de tipo RZ.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017 (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 9 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo