Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración da ampliación e reconfiguración de sistemas de almacenamento para a Xunta de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación a subministración da ampliación e a reconfiguración das plataformas de almacenamento NetApp existentes na Xunta de Galicia coa finalidade de dimensionalas axeitadamente para os procesos de consolidación e homoxeneización que se están levando a cabo.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 22.3.2017.

DOUE: 21.3.2017.

BOE: 25.3.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.735.537,19 €.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 1.735.537,19 €, máis 364.462,81 € correspondentes ao IVE (21 %), o que supón un orzamento total do expediente de gasto de 2.100.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6.9.2017.

b) Data de formalización do contrato: 10.10.2017.

c) Contratista: Ednon, S.L.

d) Importe de adxudicación: 2.098.740,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia