Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de outubro de 2017 pola que se notifica unha corrección de erros na Resolución do 14 de xuño de 2016, ditada no expediente COR/124/2015-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 14 de setembro de 2017, ditou unha corrección de erros na resolución do expediente de reposición da legalidade COR/124/2015-RP1, tramitado pola realización de obras de construción de dúas edificacións de bloque, caseta metálica e peche de parcela no lugar dos Camiños Chan-Brens, termo municipal de Cee (A Coruña).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da corrección de erros da resolución a José Antonio Trillo Fernández e a Mª Manuela Martínez González, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita corrección de erros da resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e sirva de notificación aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística