Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50605

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade á relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento administrativo PR604A).

O 20 de marzo de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 10 de marzo de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento administrativo PR604A).

Así mesmo, o 20 de marzo de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 335101 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 5 de xullo de 2017 a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión de subvencións, con indicación de que se lles notificase aos interesados.

Faise constar que, consonte o establecido no artigo 6 da Resolución do 10 de marzo de 2017, as actuacións están cofinanciadas nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco da submedida 7.3 de «apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular á súa creación, mellora e ampliación, ás infraestruturas de banda larga pasivas e á oferta de acceso á banda larga e a solucións de Administración electrónica» do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR 2014-2020), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro.

Así mesmo, cómpre sinalar que, segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras da convocatoria aprobada mediante a Resolución do 10 de marzo de 2017, as subvencións concedidas ao abeiro das presentes bases quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos regulamentos seguintes: Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), e Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), segundo proceda.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación da relación de expedientes que resultaron beneficiarios da subvención, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento administrativo PR604A; DOG núm. 55, do 20 de marzo).

b) Programa: 571A.

c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.770.0. Achegas ás empresas para o desenvolvemento da sociedade da información.

d) Finalidade: subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida en zonas que non conten con acceso a este tipo de redes nin que existan plans de despregamento en curso para estas redes e, polo tanto, a empresa está illada destas redes.

e) Entidades beneficiarias e cantidades concedidas de subvención para o ano 2017.

Nome ou razón social

NIF

Expediente PR604A 2017

Subvención (€)

Aira, S.C.G.

F27317593

1251994

6.107,40

Attica21 Hoteles, S.L.U.

B70201553

1215298

8.150,00

Ava Soluciones Tecnológicas, S.L.

B15845480

1222775

6.000,00

Belu Restauración, S.L.

B70286760

1236518

10.575,00

Belu Restauración, S.L.

B70286760

1244901

10.575,00

Calfensa Proyectos, S.L.

B27182682

1237143

16.465,00

Camping Bayona Playa, S.A.

A36616654

1246684

17.575,00

Construdeco Norte, S.L.

B27193762

1237124

18.500,00

Construdeco Norte, S.L.

B27193762

1237148

18.500,00

Construdeco Norte, S.L.

B27193762

1237160

18.500,00

Dalarjo, S.L.

B36002764

1252748

18.500,00

Distribuidora y Transformadora del Miño, S.L.

B41441387

1250149

7.425,00

Enguix Betanzos, María José

52456059M

1251555

4.408,00

Explotaciones Gallegas, S.L.

B15410608

1252154

18.500,00

Fergil Auto, S.L.U.

B27416064

1251695

7.425,00

Ferralla Montesalgueiro, S.L.

B70263645

1222770

7.425,00

Francisco Gómez y Cía, S.L.

B15009533

1251854

18.500,00

Gestión Hotelera Noroeste, S.L.

B36511772

1250780

8.400,00

Granja Campomayor, S.L.

B27015429

1246330

18.500,00

Grucafon, S.L.

B36497261

1250171

11.500,00

Hitraf, S.A.

A36032050

0994628

12.000,00

Hotel Carlos 96, S.L.

B15556723

1252508

8.730,00

Icos, S.C.G.

F27262997

1251298

6.107,40

Inversiones García Gómez Mesía, S.L.

B70489836

1244541

14.445,00

Inversións Terra da Ulloa, S.L.

B27299452

1218807

10.575,00

Laguardia-Moreira, S.A.

A28080695

1243928

20.000,00

Lámparas Miño, S.L.

B27043538

1238116

9.000,00

Mecalia Metalúrgica y Calderería, S.L.

B36188449

0995073

19.800,00

Noceda Asesores, S.L.

B27174085

1221600

19.000,00

Panadería da Cunha, S.L.

B15582505

1220503

11.820,00

Pereiro García, María Jesús

32747503B

1237388

4.288,00

Pescados Blas Paradela, S.L.U.

B27153816

1252229

18.500,00

Pescados Orol, S.L.

B27104447

1244668

2.100,00

Productores de Carne da Ribeira Sacra, S.L.

B27205913

1205296

6.651,43

Sicyme 2012, S.L.L.

B27434281

1251018

11.376,05

Soal 1960, S.L.

B27476555

1252001

15.000,00

Sociedad de Transportes, S.L.

B32008625

1125988

20.000,00

Souto López, Manuel

22718466D

1239144

8.250,00

Suministros Hortícolas Bacelo, S.L.

B36228799

1240223

3.325,00

Suministros Navales Santa Tecla, S.L.

B36223972

1217193

19.800,00