Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50608

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 16 de outubro de 2017 que modifica un ficheiro de datos de carácter persoal.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 10 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas,

RESOLVO:

Facer público o Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia do 16 de outubro de 2017, polo que se aproba a modificación dun ficheiro de datos de carácter persoal, así como a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para a súa posterior inscrición no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos.

Acordo do 16 de outubro do Pleno do Consello de Contas de Galicia polo que se aproba a modificación dun ficheiro de datos de carácter persoal.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación e supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse por medio de disposición xeral publicada no diario oficial correspondente.

Faise preciso modificar o ficheiro de datos Xestión económica e contratación administrativa co fin de adecuar a estrutura básica de datos á finalidade e usos previstos do ficheiro.

No exercicio das competencias que ten atribuído polo artigo 7.3.b) da Lei 6/1985, do Consello de Contas, o Pleno, na súa reunión do día 16 de outubro de 2017,

ACORDA:

Primeiro. Obxecto

Modifícase o ficheiro de datos de carácter persoal Xestión económica e contratación, creado por Acordo do Consello de Contas do 3 de xullo de 2017 (DOG núm. 141, do 26 de xullo), na epígrafe «Estrutura de datos».

Segundo. Contido

O ficheiro que se recolle no anexo deste acordo contén toda a información exixida no artigo 20.2 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación de ficheiros.

Terceiro. Inscrición

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de desenvolvemento da Lei 15/1999, o ficheiro será notificado para a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos no prazo de trinta días desde a publicación deste acordo do Pleno no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Entrada en vigor

Este acordo entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Ficheiros que se modifican:

Xestión económica e contratación administrativa.

Nome do ficheiro: Xestión económica e contratación administrativa.

Finalidade e usos previstos: Xestión económica, orzamentaria e contable; xestión das relacións de contratación e relación de persoas físicas ou xurídicas con quen o Consello de Contas de Galicia mantén relacións contractuais.

Colectivo afectado: persoas físicas que aparecen na xestión contable e orzamentaria do Consello de Contas de Galicia.

Procedemento de recollida de datos: o propio interesado ou o seu representante legal.

Estrutura básica do ficheiro: DNI/NIF; enderezo; teléfono; nome e apelidos; número da Seguridade Social; datos contables; datos académicos e profesionais; datos de detalles de emprego; transaccións de bens e servizos.

Cesión dos datos: AEAT.

Responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

Lugar do exercicio do dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición: Secretaría Xeral do Consello de Contas, rúa Domingo Fontán nº 7, 15771 Santiago de Compostela.

Nivel de medidas de seguridade: básico.

Sistema de tratamento: mixto.