Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50821

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2017 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril) (en diante, LOU), no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios (en diante, RDAN) e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo que se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante, RDCA), e a teor do establecido nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio) e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro) da Xunta de Galicia (en diante, EUDC), en execución da oferta de emprego público (OPE) de persoal docente e investigador para o ano 2017, aprobada pola Resolución do 7 de xuño de 2017 (DOG do 16 de xuño).

Esta reitoría, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 dos EUDC, resolveu convocar concurso de acceso, por sistema de acceso libre e polo sistema de promoción interna das prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Este concurso rexerase pola LOU, o RDAN, o RDCA, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e, naquilo que non estiver previsto pola lexislación xeral da función pública do Estado.

1.2. Os concursos de acceso terán un procedemento independente para cada praza ou prazas convocadas.

1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios.

Para o cómputo dos prazos o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.

2. Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Requisitos xerais.

Para ser admitido/a á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles estados, aos que, en virtude de tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

Tamén poderá participar o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estiveren separados de dereito, e os seus descendentes sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente, poderán participar as persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. As persoas aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar que non foron sometidos a ningunha sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

2.2. Requisitos específicos.

2.2.1. Prazas polo sistema de acceso libre (titulares de universidade).

Ser doutor/a e estar acreditado ou acreditada para o corpo docente de profesores e profesoras titulares de universidade conforme o establecido no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio.

Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos, e os/as funcionarios/as do corpo correspondente ou dun corpo docente universitario de igual ou superior categoría, en cuxo caso é necesario que pasaran, como mínino, dous anos desde que obtivese unha praza mediante concurso de acceso noutra universidade.

2.2.2. Prazas polo sistema de acceso de promoción interna (catedráticos/as de universidade).

De conformidade co disposto no punto 2 do artigo 62 da LOU, na redacción dada pola disposición derradeira segunda do Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro, poderán presentarse aos concursos das prazas comprendidas na presente convocatoria os/as funcionarios/as de carreira do corpo de profesores/as titulares de universidade, catedráticos/as de escola universitaria ou da escala de investigadores/as científicos/as dos organismos públicos de investigación. Os/as funcionarios/as que participen neses concursos deberán estar acreditados/as para o corpo docente de catedráticos/as de universidade, e ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos de servizo activo no posto.

2.2.3. Os requisitos establecidos nas presentes bases deberán cumprirse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo III a esta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria do Boletín Oficial del Estado. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015.

3.2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa Maestranza, 9, A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro). As solicitudes que se presentaren por medio das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderán cursarse por medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente ES76 0049 5030 15 2516011262, concursos-oposicións, no Banco Santander Central Hispano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da devandita entidade ou mediante transferencia bancaria na que deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza á que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude perante o órgano expresado na base 3.1.

3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participaren deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan devandito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Copia dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na base 2.2.

c) Xustificante orixinal do pagamento dos dereitos de exame.

Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa, os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da minusvalidez ou do documento acreditativo de familia numerosa segundo corresponda.

Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa, as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación da presente convocatoria, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.

3.4. Os erros de feito que se puidesen advertir poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevinda, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

4. Admisión dos/das aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes o vicerreitor de Profesorado da Universidade da Coruña ditará unha resolución mediante a que se aproba a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro electrónico oficial da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal/services/electronic_board) e a título divulgativo no enderezo da internet: http://www.udc.es/persoal/ga/pdi/concursos/funcionarios.asp

4.2. Contra a devandita resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as ditas reclamacións, publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.

4.3. De acordo co previsto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, estas publicacións producirán os mesmos efectos da notificación persoal ás persoas interesadas.

5. Comisión de acceso.

5.1. De acordo co que establece o artigo 81 dos EUDC, a composición da comisión é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. Salvo petición noutro sentido e autorizada, terá a súa sede e actuará no centro ao que se adscriba a praza convocada.

Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os currículos dos membros das comisións de acceso serán públicos e poderán ser consultados no Servizo de Persoal Docente e Investigador.

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada polo reitor. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e as persoas interesadas poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados na Lei 39/2015. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, os afectados serán substituídos polos seus respectivos suplentes, na súa falla, por orde correlativa nos demais casos resolverá o reitor.

5.3. A comisión deberá constituírse no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte á data de publicación no BOE da correspondente convocatoria. Transcorrido o devandito prazo sen que se constituíuse, o reitor procederá á substitución do/da presidente/a titular.

5.4 Dentro de devandito prazo, o/a presidente/a, despois de consultar cos restantes membros ditará unha resolución que se notificará a todas as persoas interesadas cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que se lles cita, convocando a:

a) Todos os membros titulares da comisión e, de ser o caso, os suplentes, para efectuar acto de constitución desta e fixar a continuación e facer públicos os criterios específicos de selección. Na citación indicarase o día, a hora e o lugar para o acto de constitución.

b) Todos/as os/as aspirantes admitidos/as a participar no concurso, para realizar o acto de presentación de concursantes, con indicación do día, o lugar e a hora para a realización do devandito acto; para estes efectos o prazo entre a data prevista para o acto de constitución da comisión de acceso e a data sinalada para o acto de presentación non poderá exceder de dous días hábiles.

5.5. A constitución da comisión exixirá a asistencia da totalidade dos seus membros. Os membros titulares que non concorresen a este acto cesarán e serán substituídos polos seus respectivos suplentes. Unha vez constituída a comisión, no caso de ausencia do seu presidente será substituído polo/a vogal de maior categoría e antigüidade. O secretario será substituído, de ser o caso, polo/a vogal de menor categoría e antigüidade.

5.6. Para que a comisión poida actuar validamente, requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente o/a presidente/a e o/a secretario/a. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer.

Se unha vez comezada a primeira proba, a comisión quedase con menos de tres membros, procederase ao nomeamento dunha nova comisión polo procedemento establecido no artigo 9 da normativa que regula os concursos e non poderán formar parte dela os membros da primeira que cesasen nesta condición.

5.7. No acto de constitución a comisión establecerá e fará públicos, antes do acto de presentación, os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza.

5.8. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6. Acto de presentación.

6.1. O acto de presentación será público e, no transcurso deste, as persoas candidatas entregarán ao/á presidente/a da comisión de acceso, por quintuplicado, a seguinte documentación:

a) O curriculum vitae, no que se detallarán o seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos dos seus méritos. O curriculum vitae deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV.

b) Proxecto docente e investigador que a persoa candidata se propón desenvolver de lle ser adxudicada a praza a que concursa. O devandito proxecto axustarase, de fixarse na convocatoria, ás especificacións establecidas.

6.2. Non acto de presentación, os/as concursantes recibirán cantas instrucións sobre a celebración das probas deban serlles comunicadas. Así mesmo, determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación dos/das concursantes e fixarase o lugar, a data e a hora de inicio das probas.

6.3. O secretario da comisión de acceso garantirá que a documentación que entreguen os/as concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas polos/as candidatos/as.

7. Realización das probas.

7.1. Os concursos de acceso constarán das probas e axustaranse ao procedemento que establece o artigo 12 da normativa aprobada por Acordo do Consello de Goberno do 10 de decembro de 2008 pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios na Universidade da Coruña.

7.2. As probas serán públicas e cada unha delas será eliminatoria.

7.3. Finalizada cada proba, cada membro da comisión entregaralle ao/á presidente/a un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas concursantes, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

7.4. Para superar a proba é necesario obter, cando menos, tres votos favorables dos membros da comisión de acceso.

7.5. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. No caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto do/da presidente/a.

8. Proposta.

8.1. Nun prazo máximo de cinco días desde o seguinte á finalización das probas publicarase no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a comisión de acceso, a proposta motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todas as persoas candidatas propostas por orde de preferencia. Contra a dita proposta, os/as concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días.

8.2. Unha vez que se publique o/a presidente/a da comisión de acceso ou, de ser o caso, o/a secretario/a entregarán a proposta na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña xunto coas actas e cos informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación achegado por cada candidato coa xustificación documental correspondente e a certificación do/da secretario/a da comisión en que se faga constar a data de publicación no taboleiro do centro.

8.3. Tras finalizar o procedemento, a documentación das persoas concursantes quedará á súa disposición na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña de onde deberán retirala. No entanto, no caso de interposición de recurso, non poderá retirarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos.

8.4. Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.

9. Presentación de documentos e nomeamento.

9.1. A persoa candidata proposta en primeiro lugar deberá presentar no prazo de vinte días, contado desde o seguinte ao da publicación da proposta nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:

a) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

As persoas concursantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro).

b) Certificado médico oficial de non padecer ningunha enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o/a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración xurada ou promesa de no incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do personal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985).

Aquelas persoas que tivesen a condición de funcionarias públicas de carreira estarán exentas de xustificar e presentar os documentos indicados nas alíneas a) e b), deberán presentar, no caso de procederen doutra Administración, unha certificación da universidade ou organismo de que dependan que acredite a súa condición de funcionarios/as e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

9.2. O reitor da Universidade da Coruña efectuará o nomeamento como funcionario/a docente de carreira do/da candidato/a proposto/a pola comisión que especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento de número do rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle á Secretaría Xeral do Consello de Universidades.

9.3. No prazo máximo de vinte días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o/a candidato/a proposto/a deberá tomar posesión do seu destino, momento no que adquirirá a condición de funcionario/a docente universitario/a de carreira do corpo de que se trate.

10. Comisión de reclamacións.

10.1. Contra as propostas das comisións dos concursos de acceso, as persoas concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días. Admitida a trámite a reclamación, suspenderanse os nomeamentos ata a súa resolución. A reclamación será valorada por unha comisión composta por sete catedráticos e/ou catedráticas de universidade pertencentes a diversos ámbitos do coñecemento, designados/as polo claustro da universidade, con ampla experiencia docente e investigadora.

10.2. A comisión de reclamacións oirá os membros da comisión contra cuxa proposta se presentase a reclamación, e as persoas candidatas que participasen no concurso.

10.3. Esta comisión examinará o expediente relativo ao concurso para velar polas garantías establecidas e ratificará ou non a proposta reclamada no prazo máximo de tres meses, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da comisión. O transcurso do prazo establecido sen resolver entenderase como rexeitamento da reclamación presentada.

10.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

11. Norma derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 11 de outubro de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I
Sistema de acceso libre

Número de concurso: 17/005.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Computación.

Área de coñecemento: ciencias da computación e intelixencia artificial.

Actividade docente e investigadora: 614G01006 Programación II; 614G01037 Desenvolvemento de Sistemas Intelixentes.

Centro: Facultade de Informática.

Número de concurso: 17/006.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Dereito Público.

Área de coñecemento: dereito penal.

Actividade docente e investigadora: 612G01025 Dereito Penal. Parte Especial.

Centro: Facultade de Dereito.

Número de concurso: 17/007.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Química.

Área de coñecemento: química orgánica.

Actividade docente e investigadora: Materias da área.

Centro: Facultade de Ciencias.

Número de concurso: 17/008.

Corpo docente: titular de universidade.

Departamento: Letras.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Actividade docente e investigadora: 4505004 Discurso Literario e Sociedade: 613G03040 Literatura Inglesa dos Séculos XX e XXI.

Centro: Facultade de Filoloxía.

Sistema de acceso promoción interna

Número de concurso: 17/009.

Corpo docente: catedrático/a de universidade.

Departamento: Química.

Área de coñecemento: química orgánica.

Actividade docente e investigadora: Materias da área.

Centro: Facultade de Ciencias.

Número de concurso: 17/010.

Corpo docente: catedrático/a de universidade.

Departamento: Ciencias da Saúde.

Área de coñecemento: medicina preventiva e saúde pública.

Actividade docente e investigadora: 653G01102 Estatística.

Centro: Facultade de Ciencias da Saúde.

Número de concurso: 17/011.

Corpo docente: catedrático/a de universidade.

Departamento: Computación.

Área de coñecemento: ciencias da computación e intelixencia artificial.

Actividade docente e investigadora: 632G02139 Sistemas Expertos en Enxeñaría Civil.

Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

Número de concurso: 17/012.

Corpo docente: catedrático/a de universidade.

Departamento: Letras.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Actividade docente e investigadora: 613G03038 Historia da Lingua Inglesa; 4505010 Lingüística Informática e de Corpus Aplicadas á Lingua Inglesa.

Centro: Facultade de Filoloxía.

ANEXO II

Número de concurso: 17/005

Corpo docente: titular de universidade

Área de coñecemento: ciencias da computación e intelixencia artificial

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Alonso Betanzos, Amparo

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Cabrero Canosa, Mariano Javier

TU

Universidade da Coruña

Vogais:

Moret Bonillo, Vicente

TU

Universidade da Coruña

Guijarro Berdiñas, Berta María

TU

Universidade da Coruña

Fontenla Romero, Óscar

TU

Universidade da Coruña

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Pazos Sierra, Alejandro

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Pedreira Souto, Nieves

TU

Universidade da Coruña

Vogais:

Porto Pazos, Ana Belén

TU

Universidade da Coruña

Andrade Garda, Javier

TU

Universidade da Coruña

Dorado de la Calle, Julián

TU

Universidade da Coruña

Número de concurso: 17/006

Corpo docente: titular de universidade

Área de coñecemento: dereito penal

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Martínez-Buján Pérez, Carlos

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Brandariz García, José Ángel

TU

Universidade da Coruña

Vogais:

Faraldo Cabana, Patricia

CU

Universidade da Coruña

Guinarte Cabada, Gumersindo

TU

Universidade de Santiago de Compostela

Acale Sánchez, María

CU

Universidade de Cádiz

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

González Cussac, José Luis

CU

Universitat de València (Estudi General)

Secretario:

Pérez Machío, Ana Isabel

TU

Universidade do País Vasco

Vogais:

Pérez Cepeda, Ana Isabel

CU

Universidade de Salamanca

Maqueda Abreu, María Luisa

CU

Universidade de Granada

Ramón Ribas, Eduardo

TU

Universidade das Illas Baleares

Número de concurso: 17/007

Corpo docente: titular de universidade

Área de coñecemento: química orgánica

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Quintela López, José María

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Peinador Veira, Carlos

TU

Universidade da Coruña

Vogais:

Caamaño Santos, Olga

TU

Universidade de Santiago de Compostela

Gómez Pacios, Generosa

CU

Universidade de Vigo

Martínez Cebeira, Montserrat

TU

Universidade da Coruña

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Sarandeses da Costa, Luis Alberto

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Sotelo Pérez, Eddy

TU

Universidade de Santiago de Compostela

Vogais:

Fall Diop, Yagamare

CU

Universidade de Vigo

López Estévez, Susana

TU

Universidade de Santiago de Compostela

Cid Fernandez, Magdalena

TU

Universidade de Vigo

Número de concurso: 17/008

Corpo docente: titular de universidade

Área de coñecemento: filoloxía inglesa

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Toro Santos, Antonio Raúl de

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Lorenzo Modia, María Jesús

CU

Universidade da Coruña

Vogais:

Clark Mitchell, David

TU

Universidade da Coruña

Álvarez Rodríguez, Román

CU

Universidade de Salamanca

Estévez Saá, Margarita

TU

Universidade de Santiago de Compostela

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Gómez Blanco, Carlos Juan

TU

Universidade da Coruña

Secretario:

Woodward Smith, Elizabeth Anne

TU

Universidade da Coruña

Vogais:

Estévez Saá, José Manuel

TU

Universidade da Coruña

Lázaro Lafuerte, Alberto

CU

Universidade de Alcalá de Henares

Lojo Rodríguez, Laura María

TU

Universidade de Santiago de Compostela

Número de concurso: 17/009

Corpo docente: catedrático/a de universidade

Área de coñecemento: química orgánica

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Mouriño Mosquera, Antonio

CU

Universidade de Santiago de Compostela

Secretario:

Quintela López, José María

CU

Universidade da Coruña

Vogais:

Domínguez Pérez, Esther

CU

Universidade do País Vasco

Bermejo González, Francisco

CU

Universidade de Salamanca

Andrés Juan, Celia

CU

Universidade de Valladolid

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Sarandeses da Costa, Luis Alberto

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Jiménez González, Carlos

CU

Universidade da Coruña

Vogais:

Goya Laza, Pilar

PI

Instituto de Química Médica-CSIC

Amat Tuson, Mercedes

CU

Universidade de Barcelona

Pedrosa Sáez, Rafael

CU

Universidade de Valladolid

Número de concurso: 17/010

Corpo docente: catedrático/a de universidade

Área de coñecemento: medicina preventiva e saúde pública

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Rodríguez Artalejo, Fernando

CU

Universidade Autónoma de Madrid

Secretario:

Pita Fernández, Salvador

CU

Universidade da Coruña

Vogais:

Almaraz Gómez, Ana

CU

Universidade de Valladolid

Morales Suárez-Varela, Mª Manuela del Mar

CU

Universitat de València (Estudi General)

Banegas Banegas, José Ramón

CU

Universidade Autónoma de Madrid

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Serra Majem, Lluis

CU

Universidade de Las Palmas de Gran Canaria

Secretario:

Bueno Cavanillas, Aurora

CU

Universidade de Granada

Vogais:

Herruzo Cabrera, Rafael

CU

Universidade Autónoma de Madrid

Torres Cantero, Alberto Manuel

CU

Universidade de Murcia

Sánchez Villegas, María Almudena

CU

Universidade de Las Palmas de Gran Canaria

Número de concurso: 17/011

Corpo docente: catedrático/a de universidade

Área de coñecemento: ciencias da computación e intelixencia artificial

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Pazos Sierra, Alejandro

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Duro Fernández, Richard José

CU

Universidade da Coruña

Vogais:

Vila Miranda, María Amparo

CU

Universidade de Granada

Herrera Viedma, Enrique

CU

Universidade de Granada

Luque Ruiz, Irene

CU

Universidade de Córdoba

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Barreiro García, Álvaro

CU

Universidade da Coruña

Secretario:

Vilares Ferro, Manuel

CU

Universidade de Vigo

Vogais:

Gómez Pérez, Asunción

CU

Universidade Politécnica de Madrid

Barro Ameneiro, Senén

CU

Universidade de Santiago de Compostela

Corchado Rodríguez, Emilio Santiago

CU

Universidade de Salamanca

Número de concurso: 17/012

Corpo docente: catedrático/a de universidade

Área de coñecemento: filoloxía inglesa

Comisión titular

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

Iglesias Rábade, Luis

CU

Universidade de Santiago de Compostela

Secretario:

Lorenzo Modía, María Jesús

CU

Universidade da Coruña

Vogais:

González y Fernández-Corugedo, Santiago Ignacio

CU

Universidade de Oviedo

Gómez González, María de los Ángeles

CU

Universidade de Santiago de Compostela

Alonso Almeida, Francisco

CU

Universidade de Las Palmas de Gran Canaria

Comisión suplente

Cargo

Apelidos e nome

Corpo

Universidade

Presidente:

García Mayo, María del Pilar

CU

Universidade do País Vasco

Secretario:

Conde Silvestre, Juan Camilo

CU

Universidade de Murcia

Vogais:

Rabadán Álvarez, Rosa

CU

Universidade de León

Mairal Usón, Ricardo

CU

Universidade Nacional de Educación a Distancia

Marín Arrese, Juana Isabel

CU

Universidade Complutense de Madrid

CU: catedrático de universidade.

CEU: catedrático de escola universitaria.

TU: profesor titular de universidade.

PI: profesor investigador.

missing image file

ANEXO IV
Curriculum vitae

Datos persoais:

Apelidos e nome.

Número do documento nacional de identidade. Lugar e data de expedición.

Nacemento (data, localidade e provincia).

Residencia (enderezo, localidade e provincia).

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como profesor/a, centro, departamento e área de docencia actual.

Datas de resolución da acreditación ou habilitación.

Datos académicos:

1. Títulos académicos (clase, organismo e centro de expedición, data de expedición, cualificación se a houber).

2. Postos docentes desempeñados (categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data do nomeamento ou contrato, data de cesamento ou remate).

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e capítulos de libros (autor ou coautores, título, editor/es, editorial, data de publicación) (*).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas ou estranxeiras (autor ou coautores, título, revista, número de páxinas, data de publicación) (*).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos (título, entidade organizadora, carácter nacional ou internacional, lugar e data).

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos (con indicación do centro, organismo, materia, actividade desenvolvida e data).

13. Cursos e seminarios recibidos (con indicación do centro ou organismo, materia e data de celebración).

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (con posterioridade á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados (cargo, centro e período).

19. Coñecemento da lingua propia da UDC.

20. Dilixencia de referendo do curriculum.

(*) Se están pendentes de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial.