Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2017 Páx. 50839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolucións (ETX 118/17).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 118/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María José López Piay contra a empresa Panadería La Seca, S.L., sobre ordinario, foi ditada dilixencia de ordenación, auto de despacho de execución e decreto na data do 9 de outubro de 2017, impugnables en reposición no prazo de tres días, que se encontran ao seu dispor na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Panadería La Seca, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza