En virtude da Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG número 220, do 18 de novembro), convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Mediante a Orde do 29 de setembro de 2017 (DOG número 192, do 9 de outubro) aceptouse a renuncia presentada por un aspirante. Mediante a Orde do 5 de outubro de 2017 (DOG número 198, do 18 de outubro) declarouse que aprobara o proceso Ledicia Trillo González (32694045M). Por todo o anterior, e co obxecto de que poida ser nomeada funcionaria do corpo administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Convocar a Ledicia Trillo González, con DNI 32694045M, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar na Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal da Dirección Xeral da Función Pública o día 8 de novembro de 2017, ás 10.00 horas.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo desta orde.
Terceiro. A aspirante deberá ir provista de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderá ser representada por terceira persoa con poder notarial suficiente.
Cuarto. Se non comparece persoalmente ou por medio de representante seralle adxudicado en destino definitivo o posto que figura en primeiro lugar no anexo.
Quinto. A aspirante poderá solicitar ser declarada en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2017
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO
Núm. |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Subgrupo |
Nivel |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Formación |
1 |
PXA200000315770027 |
PX |
Xefatura grupo I |
C1/C2 |
14 |
Axencia Turismo de Galicia |
Dirección de Competitividade |
Santiago de Compostela |
|
2 |
FCC050000315770032 |
FC |
Xefatura grupo |
C1/C2 |
14 |
Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro |
S. X. do Tesouro |
Santiago de Compostela |
|
3 |
ED4010000215770023 |
ED |
Xefatura grupo |
C1/C2 |
14 |
Secretaría Xeral de Política Lingüística |
S. X. de Planificación e Dinamización Lingüística |
Santiago de Compostela |
|
4 |
ED4010000215770024 |
ED |
Xefatura grupo |
C1/C2 |
14 |
Secretaría Xeral de Política Lingüística |
S. X. de Planificación e Dinamización Lingüística |
Santiago de Compostela |
|
5 |
SAC020000015770020 |
SA |
Posto base subgrupo C1 |
C1 |
14 |
Secretaría Xeral Técnica |
Secretaría Xeral Técnica |
Santiago de Compostela |
|
6 |
SAC020000415770001 |
SA |
Secretario/a do/da subdirector/a xeral |
C1/C2 |
16 |
Secretaría Xeral Técnica |
S. X. de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios |
Santiago de Compostela |
|
7 |
SAS030000415770001 |
SA |
Secretario/a do/da subdirector/a xeral |
C1/C2 |
16 |
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria |
S. X. de Farmacia |
Santiago de Compostela |
|
8 |
SAS040000215770003 |
SA |
Secretario/a do/da subdirector/a xeral |
C1/C2 |
16 |
Dirección Xeral de Recursos Económicos |
S. X. de Compras e Servizos |
Santiago de Compostela |
|
9 |
PSC060000015770025 |
PS |
Posto base subgrupo C1 |
C1 |
14 |
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado |
D. X. de Xuventude, Participación e Voluntariado |
Santiago de Compostela |
|
10 |
MR3010000315770008 |
MR |
Xefatura grupo |
C1/C2 |
14 |
Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes |
S. X. de Formación e Transferencia Tecnolóxica |
Santiago de Compostela |
|
11 |
MR3010000415770055 |
MR |
Xefatura grupo |
C1/C2 |
14 |
Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes |
S. X. de Industrias e Calidade Agroalimentaria |
Santiago de Compostela |
|
12 |
MR3030000015770024 |
MR |
Posto base subgrupo C1 |
C1 |
14 |
Dirección Xeral de Produción Agropecuaria |
D. X. de Produción Agropecuaria |
Santiago de Compostela |
|
13 |
MR3030000215770034 |
MR |
Xefatura grupo |
C1/C2 |
14 |
Dirección Xeral de Produción Agropecuaria |
S. X. de Apoio ás Explotacións Agrarias |
Santiago de Compostela |
|
14 |
MRC992003215310012 |
MR |
Xefatura grupo (Teixeiro) |
C1/C2 |
14 |
Servizos periféricos |
Oficina de Teixeiro |
Curtis |
|
15 |
MRC992004215560010 |
MR |
Posto base subgrupo C1 (Noia) |
C1 |
14 |
Servizos periféricos |
Oficina de Noia |
Noia |
|