Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2017 Páx. 50956

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

En sesión que tivo lugar o día 26 de outubro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG número 100, do 29 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG número 246, do 27 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2, convocar as persoas aspirantes para o inicio da primeira proba do segundo exercicio o día 14 de novembro de 2017, ás 9.00 horas, no Pavillón Multiúsos da Xunqueira (primeira travesía da rúa Celso Emilio Ferreiro, de Pontevedra).

Segundo o establecido na dita base, acórdase a realización da primeira proba do exercicio en distintas quendas, que serán publicadas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Do mesmo xeito serán publicadas a través do portal portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as datas e quendas establecidas para a realización das seguintes probas que conforman o exercicio.

As persoas aspirantes deberán presentarse á realización das probas provistas de DNI ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade e coa roupa e co calzado que consideren adecuados.

Deberán presentarse para a realización da primeira proba cun certificado médico oficial expedido dentro dos quince (15) días inmediatamente anteriores á data de realización da primeira proba deste exercicio, no que se faga constar que a persoa aspirante reúne as condicións físicas precisas para a realización das probas. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.

O chamamento para cada proba do exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan na quenda establecida serán excluídas.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

Alejandro Blanco García
Presidente do tribunal