Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51267

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 111/2017).

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 111/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Deza Barbeito contra Eiranova Investimentos, S.L., sobre despedimento, ditouse auto o 26.9.2017 recorrible en reposición no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Eiranova Investimentos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de setembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza