Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51268

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 91/2017).

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 91/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Alberto González Valiño contra Metal Ceybe, S.L., sobre ordinario, ditáronse o auto de data de 31.7.2017, recorrible en reposición en tres días, e o decreto de 4.10.2017, recorrible en revisión en tres días, os cales se encontran á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Metal Ceybe, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza