Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (511/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 511/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Ruiz Barba contra Puzzlegoldacerox, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 511/2015

Demandante: Juan Carlos Ruiz Barba

Letrado: Sr. Méndez Sanjurjo

Demandados: Puzzlegoldacerox, S.L. e o Fogasa

Sentenza 508/2017.

A Coruña, 27 de setembro de 2017.

Resolución:

Estimo a demanda formulada por Juan Carlos Ruiz Barba fronte a Puzzlegoldacerox, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma total de 7.331,53 euros brutos (5.471,16 euros netos) en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución e a súa eventual responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Puzzlegoldacerox, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza