Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51109

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 189, do 4 de outubro de 2017, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 46810, no artigo 11.1, onde di: «i) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia, relativo ás persoas polas que se solicita a subvención e ás persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, de ser o caso», debe dicir: «i) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia ou certificado da prestacións sociais públicas, segundo proceda, relativo ás persoas polas que se solicita a subvención e ás persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, de ser o caso».

En consecuencia, modifícase o anexo XVI da páxina 46885, que se substitúe polo anexo que se xunta.

Na páxina 46845, no artigo 41.b), último parágrafo, onde di: «A estas axudas seralles de aplicación o establecido no número 7 do artigo 38.», debe dicir: «A estas axudas seralles de aplicación o establecido no número 7 do artigo 39.».

Na páxina 46845, no artigo 42.1, onde di: «i) Se é o caso, as 3 ofertas mencionadas no artigo 38.6 e a xustificación da súa elección.», debe dicir: «i) Se é o caso, as 3 ofertas mencionadas no artigo 39.6 e a xustificación da súa elección.».

Na páxina 46846, no artigo 42.1, onde di: «l) A memoria e os tres orzamentos a que se refire o artigo 38.7.», debe dicir: «l) A memoria e os tres orzamentos a que se refire o artigo 39.7.».

Na páxina 46868, no anexo IV, onde di: «No caso de que se dean as condicións indicadas no artigo 40.3.b)», debe dicir: «No caso de que se dean as condicións indicadas no artigo 40.4.b)».

Na páxina 46870, no anexo V, onde di: «(6) Os importes incentivos base da subvención do persoal contrato conforme o artigo 39.3», debe dicir: «(6) Os importes incentivos da subvención do persoal contratado conforme o artigo 40.4».

Na páxina 46881, no anexo XII, na epígrafe de «E, NA SÚA REPRESENTACIÓN» onde constan os cadros: «NOME», «PRIMEIRO APELIDO» e «PRIMEIRO APELIDO», deben constar: «NOME», «PRIMEIRO APELIDO» e «SEGUNDO APELIDO».

missing image file