Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51409

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) (Diario Oficial de Galicia número 166, do 2 de setembro).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: «Os organos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencions concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na 2ª fase da convocatoria de 2017, con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.723C.780.1 para o financiamento de proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 85 % polo FEMP.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO
Aplicación 14.03.723C.780.1

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Mar das Illas Atlánticas

Galp Ría de Pontevedra

8.711,50 €

Galp Ría de Arousa

9.279,00 €

Galp Ría de Vigo-A Guarda

8.409,50 €

Total

26.400,00 €