1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.
b) Dependencia que tramita o expediente: Administración.
2. Número de expediente: SER.-2017/03.
3. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: servizo de mantemento, conservación e xestión das instalacións da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: sede da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.
d) Prazo de execución: 12 meses desde a data de sinatura do contrato.
e) Duración do contrato: 12 meses desde a data de sinatura do contrato.
f) Admisión de prórroga: si.
4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: corenta e nove mil cento vinte e cinco euros (49.125,00 €).
b) IVE (21 %): dez mil trescentos dezaseis euros con vinte e cinco céntimos (10.316,25 €).
c) Importe total con IVE: cincuenta e nove mil catrocentos corenta e un euros con vinte e cinco céntimos (59.441,25 €).
d) Valor estimado do contrato: noventa e oito mil douscentos cincuenta euros (98.250,00 €).
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: constituirase unha garantía definitiva do 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
7. Obtención da documentación e información:
a) Entidade: Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.
b) Enderezo e localidade: avda. de Galicia, nº 4, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).
c) Teléfono de contacto: 988 54 82 77.
d) Telefax: 988 54 82 76.
e) Perfil do contratante: http://www.ceteca.net/perfil-do-contratante/
f) Correo electrónico: dpto_administracion@ceteca.net
g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o derradeiro día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
h) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=166&OR=166
8. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: ver o prego de condicións da contratación.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver o prego de condicións da contratación.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. No caso de que ese día coincida en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, este prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de condicións da contratación.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.
d) Admisión de variantes: non.
10. Apertura das ofertas. O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
a) Entidade: Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.
b) Enderezo e localidade: avda. de Galicia, nº 4, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).
c) Datas e horas: as indicadas no perfil do contratante.
11. Outras informacións: ver o prego de condicións da contratación.
12. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver o prego de condicións da contratación.
13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.ceteca.net; Plataforma de contratación pública de Galicia: www.contratosdegalicia.gal
San Cibrao das Viñas, 2 de novembro de 2017
Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne