Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51523

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO do 2 de novembro de 2017 polo que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a contratación documentalmente simplificada, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo de asesoramento contable, fiscal, laboral e administrativo desta fundación, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios con cuantificación dependente de xuízos de valor.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

b) Dependencia que tramita o expediente: Administración.

2. Número de expediente: SER.-2017/04.

3. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de asesoramento contable, fiscal, laboral e administrativo da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: sede da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

d) Prazo de execución: 12 meses desde a data de sinatura do contrato.

e) Duración do contrato: 12 meses desde a data de sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: trinta e catro mil cento nove euros con corenta céntimos (34.109,40 €).

b) IVE (21 %): sete mil cento sesenta e dous euros con noventa e sete céntimos (7.162,97 €).

c) Importe total con IVE: corenta e un mil douscentos setenta e dous euros con trinta e sete céntimos (41.272,37 €).

d) Valor estimado do contrato: sesenta e oito mil douscentos dezaoito euros con oitenta céntimos (68.218,80 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: constituirase unha garantía definitiva do 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Obtención da documentación e información:

a) Entidade: Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

b) Enderezo e localidade: avda. de Galicia, nº 4, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

c) Teléfono de contacto: 988 54 82 77.

d) Telefax: 988 54 82 76.

e) Perfil do contratante: http://www.ceteca.net/perfil-do-contratante/

f) Correo electrónico: dpto_administracion@ceteca.net

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o derradeiro día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

h) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de internet:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=166&OR=166

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: ver o prego de condicións da contratación.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver o prego de condicións da contratación.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. No caso de que ese día coincida en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, este prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de condicións da contratación.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

d) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas. O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

a) Entidade: Fundación Centro Tecnolóxico da Carne.

b) Enderezo e localidade: avda. de Galicia, nº 4, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).

c) Datas e horas: as indicadas no perfil do contratante.

11. Outras informacións: ver o prego de condicións da contratación.

12. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver o prego de condicións da contratación.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.ceteca.net; Plataforma de contratación pública de Galicia: www.contratosdegalicia.gal

San Cibrao das Viñas, 2 de novembro de 2017

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne